Denomínaselle conservante a calquera substancia engadida aos alimentos (sexa de orixe natural ou de orixe artificial) que poida deter ou minimizar a deterioración causado pola presenza de diferentes tipos de microorganismos (bacterias, lévedos e mofos). Esta deterioración microbiana dos alimentos pode producir perdas económicas substanciais, tanto para a industria alimentaria (que pode chegar a xerar perdas de materias primas e dalgúns produtos elaborados antes da súa comercialización, deterioración da imaxe de marca) así como para distribuidores e consumidores (tales como deterioración de produtos despois da súa adquisición e antes do seu consumo, problemas de sanidade etc.).

Emprego Sábese de certo que máis do 20% de todos os alimentos producidos no mundo pérdense por acción dos microorganismos e, por outra parte, estes alimentos alterados poden resultar moi prexudiciais para a saúde do consumidor, polo tanto o primeiro emprego é o de evitar a deterioración. Os alimentos en mal estado poden chegar a ser extremadamente velenosos e prexudiciais para a saúde dos consumidores, un exemplo disto é a toxina botulínica xerada por unha bacteria a Clostridium botulinum que se atopa presente nas conservas mal esterilizadas, embutidos así como noutros produtos envasados, esta substancia é unha das máis velenosas que se coñecen (miles de veces máis tóxica que o cianuro nunha mesma dose).

Métodos Existen algúns métodos que actúan como inhibidores das bacterias, entre eles: quentamento, deshidratación, irradiación ou conxelación. Pódense aplicar métodos químicos que causen a extinción por morte dos microorganismos ou que polo menos eliminen a posibilidade da súa reprodución. Nunha gran maioría de alimentos existen os conservantes de forma natural, por exemplo moitas froitas que conteñen ácidos orgánicos tales como o ácido benzoico ou o ácido cítrico. Por exemplo a relativa estabilidade dos iogures ao comparalos co leite debese só ao ácido láctico elaborado durante a súa fermentación. Algúns alimentos tales como os allos, cebolas e a maioría das especias conteñen potentes axentes antimicrobianos, ou precursores que se transforman neles ao trituralos.

Catalogación de conservantes E-200 Ácido sórbico. E-201 Sorbato sódico. E-202 Sorbato potásico. E-203 Sorbato cálcilo. E-210 Ácido benzoico. E-211 Benzoato sódico. E-212 Benzoato potásico. E-213 Benzoato cálcico. E-214 Para-hidroxi-benzoato de etilo (éster etílico do ácido para-hidroxi-benzoico). E-215 Derivado sódico do éster etílico do ácido para-hidroxi- benzoico. E-216 Para-hidroxi-benzoato de propilo (éster propílico do ácido para-hidroxi-benzoico). E-217 Derivado sódico do éster propílico do ácido para-hidroxi-benzoico. E-218 Para-hidroxi-benzoato de metilo (éster metílico do ácido para-hidroxi-benzoico). E-219 Derivado sódico do éster metílico do ácido para-hidroxi-benzoico.

Sulfitos E-220 Anhídrido sulfuroso. E-221 Sulfito sódico. E-222 Sulfito ácido de sodio (bisulfito sódico). E-223 Bisulfito sódico (metabisulfito sódico ou pirosulfito sódico). E-224 Bisulfito potásico (metabisulfito potásico ou pirosulfito potásico). E-226 Sulfito cálcico. E-227 Sulfito ácido de calcio (bisulfito cálcico). E-228 Sulfito ácido de potasio (bisulfito potásico). E-234 KARITO. E-235.

Antibacterianos Percarbonato sódico. Ácido bórico. Dietilpirocarbonato.

Tratamento externo de alimentos E-230 Bifenilo (difenilo). E-231 Ortofenilfenol. E-232 Ortofenilfenato de sodio. E-233 2-(4-tiazolil)benzimidazol (Tiabendazol).

Nitritos e nitratos E-249 Nitrito potásico. E-250 Nitrito sódico. E-251 Nitrato sódico. E-252 Nitrato potásico.

Categoría:Aditivos alimentarios