Agde é unha comuna do departamento de Hérault, rexión de Languedoc-Roussillon, Francia. 20 303 habitantes (1999), na beira do río Hérault a catro quilómetros do mar Mediterráneo.
Historia
O nome deriva dunha antiga colonia grega, Agathé Tyché, a boa fortuna, fundada polos foceos procedentes de Marsella contra o 600 a.C.. Os romanos déronlle o nome de Agatha Narbonensis.
Agde é coñecida pola súa lava basáltica, usada na arquitectura local, como pode verse na catedral de Saint-Etienne do século XII.
Durante a Idade Media o vizcondado de Agde pertenceu á casa de Trencavel, antes de ser anexionada polos reis de Francia despois da cruzada contra os albixenses.
Demografía
Economía
Estación balnearia, turismo, comercio, a economía tradicional baseábase na pesca e na viticultura.
Cap d'Agle
No barrio de Cap d'Agle está un dos centros nudistas máis grandes do mundo en superficie.
Categoría:Concellos do departamento do Hérault