O 21 de abril é o 111º día do ano do calendario gregoriano (112º nos anos bisestos). Quedan 254 días para finalizar o ano.
Acontecementos -753 - Data tradicional da fundación de Roma por Rómulo. 1101 - Diego Xelmírez é consagrado bispo na Catedral de Santiago. 1211 - Afonso VIII, na compaña do seu fillo Fernando e toda a súa corte, consagra a Catedral de Santiago nunha magna cerimonia oficiada polo bispo Pedro Muñiz. 1503 - Batalla de Ceriñola, entre os exércitos españois e os franceses. 1509 - Henrique VIII ascende ao trono inglés. 1947 - A Garda Civil mata no Fontao (Abellá, Frades) ao xefe da IV Agrupación guerrilleira, Manuel Ponte, e aos guerrilleiros Manuel Rodríguez Suárez e Manuel Díaz Pan. 1960 - Fundación de Brasilia, capital do Brasil. 1997 - Lánzase o satélite Minisat 01 desde a base aérea de Gran Canaria. Foi o primeiro satélite deseñado e fabricado en España e o primeiro lanzado ó espazo desde territorio nacional. O 14 de febreiro de 2002 tivo lugar o último contacto con el.
Nacementos miniatura|100px|Charlotte Brontë. 1488 - Ulrich von Hutten, humanista alemán (m. 1523). 1729 - Catarina II, emperatriz de Rusia. 1774 - Jean-Baptiste Biot, físico, astrónomo e matemático francés (m. 1862). 1782 - Friedrich Fröbel, pedagogo alemán (m. 1852). 1816 - Charlotte Brontë, novelista inglesa. 1828 - Hippolyte Taine, filósofo e historiador francés. 1837 - Fredrik Bajer, escritor, pacifista e político dinamarqués (m. 1922). 1838 - John Muir, naturalista e escritor escocés (m. 1914). 1864 - Max Weber, sociólogo alemán. 1882 - José Reino Caamaño, avogado e político galego (m. 1964). 1889 - Paul Karrer, químico suízo. 1896 - José Domingo Hidalgo, xornalista galego (m. 1958). 1904 - León Esteban San Miguel, bispo católico español. 1907 - Enrique Líster, militar republicano galego. 1915 - Anthony Quinn, actor mexicano-estadounidense (m. 2001) 1916 - Xosé Velo, político galego. 1920 - Bruno Maderna, compositor e director de orquestra italiano (m. 1973). 1926 - Raíña Isabel II do Reino Unido. 1930 - Silvana Mangano, actriz italiana (m. 1989). 1947 - Iggy Pop, cantante estadounidense de punk rock. 1953 - Emilio Carlos García Fernández, profesor e escritor galego. 1958 - Yoshito Usui, debuxante de manga xaponés. 1959 - Robert Smith, músico inglés, líder de The Cure. 1961 - Arturo Regueiro, escritor e editor de banda deseñada galego.
Mortes miniatura|100px|Jean Racine. 586 - Leovixildo, rei dos visigodos. 1699 - Jean Racine, dramaturgo francés. 1910 - Mark Twain, escritor estadounidense (nome verdadeiro: Samuel Langhorne Clemens). 1918 - Manfred von Richthofen, militar e aviador alemán (n. 1892). 1945 - Walter Model, xeneral e mariscal de campo alemán (n. 1891). 1946 - John Maynard Keynes, economista inglés. 1947 - Manuel Ponte, guerrilleiro galego. 1971 - François Duvalier, presidente haitiano (n. 1907). 1980 - Aleksandr Ivánovich Oparin, bioquímico ruso (n. 1894). 1984 - Manuel Mújica Láinez, escritor arxentino. 1992 - Väinö Linna, escritor finlandés (n. 1920). 1998 - Jean-François Lyotard, filósofo francés. 2000 - Fernando Pereira Caamaño, político galego. 2010 - Juan Antonio Samaranch, empresario e político catalán e expresidente do COI (n. 1920). 2011 - Tine Bryld, traballadora social e escritora danesa (n. 1939). 2012 - Ramón Búa Otero, relixioso e bispo galego (n. 1933). 2016 - Prince, cantante de pop e rock estadounidense (n. 1958). 2026 - Virgelina Chará, activista e defensora dos dereitos humanos afrocolombiana (n. 1955).
Festas e celebracións No Brasil é o Día de Tiradentes, alcuño de Joaquim José da Silva Xavier, conspirador pola independencia brasileira no século XVIII, que foi enforcado en 1791. Festivo Nacional. En Indonesia é o Día de Kartini, valedora dos dereitos da muller.
Outros Santoral:
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Abril