Francisco Antonio Sampedro Ojeda, nado na Coruña en 1956, é un filósofo galego.
Traxectoria Doutor en Filosofía e catedrático de Ensino Medio, e autor de ensaio filosófico e crítica literaria e política. A súa tese de doutoramento O imaxinario ideolóxico (1995) parte da ambigüidade e equivocidade do termo ideoloxía, para analizar os dous usos teóricos que comunmente se recoñecen: uso descritivo ou euloxístico, e uso pexorativo, como falsa conciencia. Mostra a pertinencia deste último uso para a análise do estatuto filosófico que a ideoloxía posúe no que varios autores recoñecen como a episteme do século XX, constituída polos discursos de Nietzsche, Marx e Freud. Pescuda o concepto de ideoloxía en Bacon e na Ilustración, e o nacemento da ideoloxía como ciencia das ideas en Desttut de Tracy, a teoría conservadora (Pareto, Sorel, Nietzsche...), o fenómeno da inversión ideolóxica en Marx e a teoría da ideoloxía de Althusser.
Á análise do concepto de ideoloxía dedicou os seus traballos Alain Badiou: filosofía, ideoloxía e suxeito, A tinta da xibia (sobre Barthes e a teoría marxista da ideoloxía) e Gianni Vattimo: debilidade e ideoloxía.
Traduciu e introduciu as edicións galegas de D'un désastre obscur de Alain Badiou; L'existencialisme est un humanisme de Jean-Paul Sartre, e Robespierre: une politique de la philosophie de Georges Labica. Ténse ocupado tamén da análise cultural e filosófica da obra de Vicente Risco (O nihilismo do inadaptado) e Rafael Dieste (Sobre a vella pel do mundo).
É correspondente en Galicia da revista francesa Multitudes e membro do consello de redacción d' A Trabe de Ouro.
Obras Ensaio Ideoloxía e distorsión, 1997, Xerais. A aristocracia imposíbel: O discurso político de Nietzsche, 2001, Laiovento. Louis Althusser, 2004, Baía Edicións. A violencia excedente, 2006, Laiovento. Figuras da finitude, 2015, Laiovento.
Traducións O existencialismo é un humanismo, de Jean-Paul Sartre, 1990, Sotelo Blanco. Robespierre: unha política da filosofía, de Georges Labica, 1994, Laiovento. Dun desastre escuro e outros textos, de Alain Badiou, 1995, Laiovento. ¿Hay que quemar a Sade?, de Simone de Beauvoir, 2000 (ao castelán). O espectro segue a roldar: (Actualidade do Manifesto comunista), de Slavoj Žižek, 2004, Laiovento. Pequeno panteón portátil, de Alain Badiou, 2009, Laiovento.
Obras colectivas Magritte x 3 con Xosé María Álvarez Cáccamo e Alberto González-Alegre, 1993, Laiovento. 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento. Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção, 2012, Estaleiro.
Premios Premio da Crítica de Ensaio e Pensamento no 1998, por Ideoloxía e distorsión. Premio da Crítica de Ensaio e Pensamento no 2007, por A violencia excedente.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Plaza das Letras Afinidades selectivas, artigo na Revista das Letras
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1956