miniatura|dereita|220px|Localización de Chiapas en México. Palenque é unha cidade maia situada no estado mexicano de Chiapas, preto do río Usumacinta. É un dos lugares máis importantes desa civilización. En comparación con outras cidades maias, Palenque ten un tamaño mediano: ben menor que Tikal ou Copán, distínguese porén pola súa arquitectura e escultura.

A zona descuberta até 2005 equivale a uns 2,5 km², mais cóidase que non se explorou nin un 10% da superficie total da cidade, ficando aínda máis de mil construcións cubertas pola selva. En 1981, o lugar de Palenque foi designado parque nacional. A Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987.

Monumentos máis importantes Palenque é un dos sitios arqueolóxicos máis ricos do sur de México, nos límites da península do Iucatán. Entre as construcións accesibles, figuran as seguintes:

a Pirámide das inscricións; o Palacio; o Templo da Cruz; o Templo da Cruz foliada; o Templo do sol; a cancha do xogo de pelota; o grupo norte.

As construcións están encadradas nun estilo occidental da arquitectura maia.

Gobernantes Os gobernantes ou régulos de Palenque que nos son coñecidos son os seguintes:

K'uk' Bahlam I - 11 de marzo de 431, 435 Casper (é un alcume; o nome antigo non se puidera descifrar, descubriuse posteriormente que era Ch'aaj K'ik'Vega, 2009; 207) - 10 de agosto de 435, 487 B'utz Aj Sak Chiik - 29 de xuño de 487, 501 Ahkal Mo' Nahb I - 5 de xuño de 501, 524 K'an Joy Chitam I - 25 de febreiro de 529, 8 de febreiro de 565 Ahkal Mo' Nahb II - 4 de maio de 565, 23 de xuño dd 570 K'an B'ahlam I - 8 de abril de 572, 3 de febreiro de 583 Yohl Ik'nal (unha muller) - 583, 604 Aj Ne' Ohl Mat - 605, 612 Sak K'uk' (unha muller) - 612, 615 K'inich Janaab' Pakal (chamado Pacal II ou Pacal o Grande) - 615, 683 K'inich Kan Bahlam II (Chan Bahlam II) - 683, 702 K'inich K'an Joy Chitam II - 702, 711 K'inich Ahkal Mo' Naahb III (Chaacal III) - 3 de xaneiro de 722, despois de 729 K'inich Janaab' Pakal II (Pacal III) - até 742 K'inich Kan Bahlam III (c. 751) K'inich K'uk' Bahlam II - 8 de marzo de 765, data ignota Wak Kimi Janaab' Pakal (Pacal IV) - 13 de novembro de 799, data ignota

Notas

Véxase tamén Outros artigos Civilización maia Historia de México

Categoría:Cidades prehispánicas de México Categoría:Patrimonio da Humanidade en México Categoría:Civilización maia