A Illa Cornwallis é unha das Illas da Raíña Isabel na rexión de Qikiqtaaluk, Nunavut, dentro do Ártico canadense (). Atópase ao oeste da Illa Devon. A súa lonxitude máxima é 110 km. Cunha área de 6.995 km², é a 96 illa máis grande do mundo. A illa Cornwallis está separada da illa Devon polo Canle Wellington. Ao sur, o Canle Parry sepáraa da Illa Somerset. Ao noroeste da Illa Cornwallis atópase a Pequena Cornwallis, a maior dun grupo de pequenas illas ao norte de McDougall Sound, que separa a Illa Cornwallis da próxima Illa Bathurst.
O aeroporto de Resolute (Qausuittuq) na costa meridional serve de centro de comunicacións para as illas árticas centrais de Nunavut. Esta é a segunda comunidade máis setentrional do Canadá.
A Illa Cornwallis foi descuberta por William Edward Parry en 1819 e bautizouna en honor ao almirante da Royal Navy William Cornwallis.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Illas da Raíña Isabel Ligazóns externas Cornwallis Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada
Cornwallis Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas da Raíña Isabel