A Illa Prince Patrick é a máis occidental das Illas da Raíña Isabel, pertencente aos Territorios do Noroeste, Canadá. A área da illa abarca 15.848 km², converténdoa na 55 illa maior do mundo e a 14 máis grande do Canadá. Está rodeada de xeos durante todo o ano, converténdoa nunha das partes máis inaccesibles do Canadá.
Localización e características Localizada na entrada do Estreito McClure, a Illa Prince Patrick está deshabitada e non hai nin houbo presenza humana que se saiba. En 1948 abriuse a Estación Meteorolóxica do Alto Ártico, denominada Mould Bay, como parte do esforzo común canadense e estadounidense para crear unha rede de estacións meteorolóxicas. Tivo unha poboación de entre 10 e 40 científicos. A estación pechou en 1997, ao pasar a ser unha estación automática. O edificio aínda se mantén en pé.
A Illa Prince Patrick foi explorada por primeira vez en 1853 e (moito despois) foi nomeada en honor ao príncipe Arthur William Patrick, Duque de Connaught, que foi gobernador do Canadá desde 1911 ata 1916.
A altitude máxima da illa é de apenas 279 m , sendo unha área sismoloxicamente activa.
300px|esquerda|Mapa da illa
Clima
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Frebold, Hans. Fauna, Age and Correlation of the Jurassic Rocks of Prince Patrick Island. Ottawa: E. Cloutier, Queen's printer, 1957. Harrison, J. C., e T. A. Brent. Basins and fold belts of Prince Patrick Island and adjacent areas, Canadian Arctic Islands. [Ottawa]: Geological Survey of Canada, 2005. Miller, F. L. Peary Caribou and Muskoxen on Prince Patrick Island, Eglinton Island, and Emerald Isle, Northwest Territories, July 1986. [Edmonton]: Canadian Wildlife Service, 1987. Pissart, A. The Pingos of Prince Patrick Island (760N - 1200W). Ottawa: National Research Council of Canada, 1970. Tedrow, John C. F., P. F. Bruggemann, e Grant Fontain Walton. Soils of Prince Patrick Island. Research paper (Arctic Institute of North America), no. 44. Washington: Arctic Institute of North America, 1968.
Outros artigos Illas Árticas do Canadá Illas da Raíña Isabel
Ligazóns externas Prince Patrick Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada Prince Patrick Island on the Canada's Arctic website.
Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas deshabitadas Categoría:Illas do Océano Ártico