A illa de Ellesmere (en inglés: Ellesmere Island; en inuit: Umingmak Nuna, que significa "terra de bois almiscleiros) pertence á rexión de Qikiqtaaluk no territorio canadense de Nunavut. Forma parte das illas da Raíña Isabel, con Cabo Columbia que é o punto máis setentrional das illas árticas do Canadá. Comprende unha superficie de 196.235 km² e unha lonxitude total de 830 km.Véxase no The Atlas of Canada, dispoñible en: http://atlas.nrcan.gc.ca/site/english/learningresources/facts/islands.html#artic o que a converte na décima maior illa do mundo e a terceira maior illa do Canadá. O sistema montañoso da Cordilleira Ártica cobre gran parte da illa de Ellesmere, converténdoa na máis montañosa do arquipélago ártico canadense. O Salix arctica é a única especie de planta leñosa que crece na illa de Ellesmere.
Nela está a vila máis ao norte do mundo, Alert.
Historia Os primeiros habitantes humanos da illa de Ellesmere foronn pequenas tribos esparcidas pola zona para cazar caribús de Peary, bois almiscleiros e mamíferos mariños ao redor do 2000-1000 a. de C.
Como era o caso dos cazadores Dorset (ou Palaeoesquimós) e os pioneiros neoesquimós, membros das culturas Inuit, Thule tardía, Ruin Island e Post-Ruin Island que tamén se asentaron e utilizaron a Península de Bache tanto no verán como no inverno, ata que as circunstancias ambientais, ecolóxicas e posiblemente sociais fixeron que a zona fose abandonada. Foi a última rexión no Alto Ártico canadense en ser despoboada durante a Pequena Idade de Xeo, o que testemuña a súa importancia económica xeral como parte da esfera cultural do Estreito de Smith, da cal era parte ocasionalmente e outras veces o principal compoñente do asentamento.
Os Viquingos das colonias de Groenlandia alcanzaron a illa de Ellesmere, a illa Skraeling e a illa ruon durante expedicións da caza e negociando cos grupos de Inuit. As infrecuentes estruturas na península Bache poden ser os restos do período tardío dunha casa comunal Dorset.
O primeiro europeo en ver a illa logo da pequena idade de xeo foi William Baffin en 1616. A illa de Ellesmere foi nomeada así en 1852 durante a expedición de Edward Augustus Inglefield na honra do político inglés, Francis Egerton, 1º barón de Ellesmere (1800-57). A expedición estadounidense dirixida por Adolphus Greely en 1881 cruzou a illa de leste a oeste, fundando Forte Conger na parte norte da illa. A expedición de Greely atopou bosques fósiles na illa de Ellesmere a finais de 1880. O fiorodo Stenkul foi explorado por primeira vez en 1902 por Per Schei, membro da 2ª Expedición Polar Noruega de Otto Sverdrup.
A plataforma de xeo de Ellesmere foi documentada pola expedición británica ao ártico de 1875-76, na cal unha travesía de recoñecemento do tenente Pelham Aldrich foi desde Cape Sheridan () en dirección oeste ata Cape Alert (), un percorrido de case 400 km no que recoñeceu tamén a plataforma de xeo Ward Hunt. En 1906 Robert Peary liderou unha expedición no norte da illa Ellesmere, desde o cabo Sheridan ao longo da costa ata o lado occidental do Estreito de Nansen (93° W). Durante a expedición de Peary, a plataforma de xeo era continua. Unha estimación moderna é que cubría 8900 km².
En 2011, Jon Turk e Erik Boomer completaron a primeira circunnavegación coñecida da illa de Ellesmere.
dereita|miniatura|250px|Illa de Ellesmere (Nunavut, Canadá).
Poboación
En 2016, a poboación da illa de Ellesmere censouse en 191 habitantes. Hai tres asentamentos na illa de Ellesmere, Alert (62 habitantes),Statistics Canada Eureka (poboación permanente 0, pero fogar dunha pequena poboación temporal), e Grise Fiord(pob. 129 habitantes).Statistics Canada Politicamente, forma parte da Rexión de Qikiqtaaluk.
Canadian Forces Station (CFS) Alert é o asentamento máis setentrional do mundo. Co fin da Guerra Fría e a chegada das novas tecnoloxías que permiten a interpretación remota de datos, a poboación no inverno reduciuse a 62 civís e persoal militar desde 2016.
Eureka, que é o terceiro asentamento máis setentrional do mundo, consiste en tres áreas, "Eureka Aerodrome" que inclúe "Fort Eureka" (os cuarteis para o persoal militar que mantén o equipo de comunicacións da illa), a estación meteorolóxica Environment Canada, e o Laboratorio de Investigación Atmosférica do Medio Ambiente Polar (PEARL), anteriormente o Observatorio do Ozono Estratosférico do Ártico (ASTRO). Eureka ten a temperatura media anual máis baixa e a menor precipitación de calquera estación meteorolóxica no Canadá.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas Árticas do Canadá Illas da Raíña Isabel
Ligazóns externas Ellesmere Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada Mountains on Ellesmere Island Detailed map, northern Ellesmere Island, including named capes, points, bays, and offshore islands by Geoffrey Hattersley-Smith
Ellesmere Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas da Raíña Isabel