Richard McKay Rorty, nado en Nova York o 4 de outubro de 1931 e finado en Palo Alto o 8 de xuño de 2007, foi un filósofo estadounidense.
Traxectoria Estudou nas universidades de Chicago e Yale, e amosou un forte interese pola historia da filosofía e a filosofía analítica contemporánea, esta última foi o principal foco do seu traballo na Universidade de Princeton na década de 1960. Rorty tivo unha longa carreira académica, foi profesor de filosofía nas universidades de Princeton Princeton University, Virxinia, e profesor de literatura comparada na Universidade Stanford. Entre os seus libros máis coñecidos están Philosophy and the Mirror of Nature (1979) e Contingency, Irony, and Solidarity (1989).
Rorty está considerado como un dos principais representantes do pensamento pramático contemporáneo, reclamándose tamén debedor de William James, de John Dewey,de Nietzsche, Heidegger, Michel Foucault e mesmo Quine e Davidson.
Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Babeș-Bolyai Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Profesores da Universidade de Virxinia Categoría:Profesores da Universidade Stanford Categoría:Alumnos da Universidade Yale