A folosa de Basora, ou fulepa de Basora, (Acrocephalus griseldis) é unha é unha ave da familia dos sílvidos (Sylviidae) e do xénero Acrocephalus. Actualmente está en perigo de extinción.

Descrición É moi semellante á folosa grande, da que a diferencian o tamaño, algo menor, a parte inferior do corpo branca e o bico, que é máis estreito, máis longo e máis afiado.

Distribución e hábitat Cría no leste de Iraq e, segundo se soubo recentementeAvistamento en Basora , en birdlife.org . en Israel, en áreas húmidas con abundancia de papiros e canavais. Pasan o inverno no leste de África. Viven entre a vexetación acuática ou ó redor de zonas de auga, corrente ou estancada, en xeral entre o canaval mesto. Durante a viaxe migratoria descansan entre o mato.

O seu canto semella o da folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus), pero é máis profundo.

O ano 2007 foi detectada a súa presenza como ave reprodutora no norte de IsraelAvistamento ..

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Xustificación da clasificación como especie en perigo, na páxina da IUCN

Categoría:Sílvidos Categoría:Animais descritos en 1891