A Internacional de Federacións Anarquistas (IFA) é unha organización específica anarquista de carácter transnacional fundada en 1968. O seu obxectivo é contrarrestar o poder do Estado e o capitalismo na era da globalización, construíndo e fortalecendo estruturas anarquistas internacionais efectivas. A organización xurdiu dunha conferencia internacional de anarquistas en Carrara, Italia, participando as tres federacións existentes naquel momento a nivel europeo: Federazione Anarchica Italiana (Italia), Fédération Anarchiste (Francia) e Federación Anarquista Ibérica (España e Portugal), á que se sumou a Federación de Bulgaria, no exilio Francia. A IFA mantén contactos con outras organizacións de ideoloxía anarquista, como a Asociación Internacional dos Traballadores, anarcosindicalista.

A organización baséase nos principios do federalismo, o acordo libre e a axuda mutua, e conta cun secretariado internacional chamado Comisión de Relacións Internacionais das Federaciones Anarquistas (CRIFA), que é rotatorio entre as federacións nacionais afiliadas á IFA.

Federacións da IFA Federación Libertaria Argentina (Arxentina) Federación Anarquista de Belarús Anarchist Federation (Reino Unido e Irlanda) Federación Anarquista Checoslovaca Fédération Anarchiste - Francia e Bélxica Federación de Alemaña Federazione Anarchica Italiana - Italia Federación Anarquista Ibérica - España e Portugal Federación de Rusia Federacija za anarhističko organiziranje - Eslovenia e Croacia

Véxase tamén Outros artigos

Asociación Internacional dos Traballadores

Solidariedade Internacional Libertaria Cruz Negra Anarquista

Ligazóns externas Internacional de Federacións Anarquistas, páxina web oficial da organización.

IFA