Acontecementos
Asia Revolta antifeudal dos pastores, en Mongolia, so a dirección do príncipe Abo (até 586). O emperador chinés Wen, da dinastía Sui (541-604), traslada a capital para Ch'ang-an.
África Os bérberes devastan o país do oasis de Wadi Natrum en Exipto.
Europa marzo - Italia: Vitixe ao mando dos godos pon asedio á cidade de Roma durante un ano enteiro. A noticia da chegada de forzas bizantinas obrígaos a levantar o cerco. Galia: o concilio de Mâcon permite que os cristiáns poidan comprar escravos dos xudeus por 12 soldos, ben para darlles a liberdade, ben para telos ao seu servizo. Mercadores xudeus de escravos son citados en Narbona e Nápoles. Sobe ao trono do reino suevo da Gallaecia, o rei Eborico (tamén citado como Eurico).
Nacementos Xiao Xi, monarca de Liang, no Sur da China.
Mortes Miro, monarca do reino suevo.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:583