miniatura|dereita|Ferzan Özpetek (á dereita) xunto con Giorgio Napolitano Ferzan Özpetek, nado en Istanbul o 3 de febreiro de 1959, é un director cinematográfico turco que vive e traballa en Italia dende finais dos anos setenta.
Traxectoria Özpetek chegou a Italia como estudante universitario e estudou historia do Cinema na Universidade La Sapienza de Roma. Completou a súa formación frecuentando cursos de historia da Arte e da Moda na Accademia Navona e cursos de dirección na Accademia de Arte Dramática Silvio D'Amico. Conseguiu achegarse ao mundo do cinema e iniciou colaboracións como asistente e auxiliar de dirección de Massimo Troisi, Maurizio Ponzi, Ricky Tognazzi e Francesco Nuti.
O seu debut cinematográfico como director produciuse en 1997 co filme Il bagno turco (Hamam), que conseguiu un grande éxito de crítica e público. En 1999 realizou Harem Suare que, como no seu primeiro filme, fala do seu país natal. Nos seguintes anos gravou Le fate ignoranti e La finestra di fronte, os seus maiores éxitos, que lle proporcionaron moitos premios e recoñecementos.
Coa colaboración de Gianni Romoli e Tilde Corsi, realizou en 2005 Cuore Sacro. En 2007 publicou Saturno Contro, un filme caracterizado por ter un casting moi rico que inclúe actores do talle de Pierfrancesco Favino e Ambra Angiolini, ademais de Margherita Buy e Stefano Accorsi, cos que xa traballara en Le fate ignoranti.
Özpetek formou parte do xurando no Festival de Venecia do 2007 e recentemente rodou un anuncio para a AIRC, Associazione Italiana Ricerca sul Cancro, protagonizado por Isabella Ferrari. En 2008 fixo a adaptación cinematográfica da novela de Melania Gaia Mazzuco Un giorno perfetto.
Özpetek é un director abertamente gay e trata habitualmente a homosexualidade nos seus filmes. Este tema ten especial relevancia en Il bagno turco e Le fate ignoranti.
Filmografía
Asistente de director Il tenente dei carabinieri (1986) Il maestro del terrore (1988, TV) La Scorta (1993) Anche i commercialisti hanno un'anima (1994) Il Branco (1994)
Director Il Bagno Turco (Hamam, 1997) Harem Suare (1999) Le Fate Ignoranti (2001) La Finestra di Fronte (2003) Cuore Sacro (2005) Saturno contro (2007) Un giorno perfetto (2008) Mine vaganti (2010)
Premios
Estes son algúns dos premio obtidos por Ferzan Özpetek polos seus traballos:
Finestra di Fronte: Premio David di Donatello Mellor filme Scholars Jury Award Mellor Dirección Sindicato Nacional de Xornalistas de Cinema Italiano Mellor historia orixinal (xunto con Gianni Romoli) Karlovy Vary International Film Festival Mellor Dirección Crystal Globe para Ferzan Özpetek Bangkok International Film Festival Mellor filme Foyle Film Festival Mellor filme Rehoboth Beach Independent Film Festival, Audience Award Mellor filme Seattle International Film Festival Mellor filme Il Bagno Turco (Hamam) Golden Orange (Antalya International Film Festival) Mellor filme Mellor dirección Sindicato Nacional de Xornalistas de Cinema Italiano, Premio Silver Ribon Mellor Produtor Le Fate Ignoranti Austin Gay & Lesbian International Film Festival Mellor Filme New York Lesbian and Gay Film Festival Mellor Filme
Notas
Categoría:Directores de cinema de Turquía Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Personalidades da cultura LGTB Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Istanbul