Air é un dúo francés, de Versalles, que fai música electrónica, composto por Nicolas Godin e Jean-Benoît Dunckel. A súa música caracterízase por un ambiente lento, e un son orixinal e psicodélico. O nome de Air é o acrónimo de Amour, Imagination, Rêve (Amor, Imaxinación, Soño). Foron etiquetados dentro do movemento denominado French Touch.

O debut de Air produciuse co lanzamento do EP, Premiers Symptômes, que foi seguido polo álbum Moon Safari, aclamado pola crítica, seguido polo relanzameto de Premiers Symptômes e a publicación dos álbums The Virgin Suicides (banda sonora), 10 000 Hz Legend, Everybody Hertz, Talkie Walkie e Pocket Symphony.

O seu traballo máis recente, Pocket Symphony, foi lanzado en marzo de 2007.

Álbums en estudio Título Ano de lanzamento Moon Safari 1998 The Virgin Suicides 2000 10 000 Hz Legend 2001 Talkie Walkie 2004 Pocket Symphony 2007

Outros álbums Título Ano de lanzamento Premiers Symptômes 1999 Everybody Hertz 2002 City Reading (Tre Storie Western) 2003 Late Night Tales: Air 2006

B.S.O. Air colaboraron en dúas ocasións con Sofia Coppola: The Virgin Suicides foi a banda sonora orixinal do filme homónimo (2000), e participaron na banda sonora de Lost in Translation (2003) co tema "Alone in Kyoto".

Véxase tamén Ligazóns externas web oficial myspace

Categoría:Grupos musicais de Francia Categoría:Grupos musicais de música electrónica