St Germain, nome artístico de Ludovic Navarre, nado en Saint-Germain-en-Laye en 1973, é un músico francés cuxo estilo navega entre o acid jazz, nu jazz e deep house.
Traxectoria Ludovic Navarre nace Saint-Germain-en-Laye en 1973 e inspírase no popular barrio parisiense de Saint-Germain-des-Prés, coñecido máis comunmente co nome de Saint-Germain para adoptalo como nome artístico.
O seu primeiro álbum titulado Boulevard é publicado en 1995 (escollido mellor álbum do ano 1995 pola prensa inglesa). En 1999 publica From Detroit To St Germain, ao igual que o primeiro coa discográfica F Communication, e en 2001 o recoñecido Tourist, xa coa célebre Blue Note Records.
En 2002, sae o seu cuarto álbum titulado Chaos, banda sonora do filme Eponyme, do director francés Coline Serreau.
St Germain está considerado como un dos grandes representantes do French Touch no mundo.
Discografía Álbums Boulevard From Detroit To St. Germain Tourist (Saint Germain album) Chaos
EPs French Traxx EP Mezzotinto EP Motherland EP
Singles Alabama Blues It's A Sure Thing Part 2 It's A Sure Thing Revisited Rose Rouge Rose Rouge Revisited So Flute Sure Thing
Remixes Métamorphose - Messe Pour Le Temps Présent Sound Of The City: Paris Variation (album)
Nota: St. Germain non está asociado coa serie de álbums Saint-Germain-des-Prés Café.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de St Germain St Germain no Acid Jazz Hispano
Categoría:Músicos de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1973