Salmos (do grego: Psalmoi) (significaba orixinariamente "canción acompañada de arpa", de psallein "tocar un instrumento de corda", Ψαλμοί; hebreo: Teghilim, תהילים, ou "loanzas") é un libro da Biblia hebrea ou Antigo Testamento, designa un poema cantado ao son dun instrumento musical tiñan como finalidade a oración e as celebracións do Templo de Xerusalén e doutros lugares de cultoA Bilia, ed. SEPT, 1ª edición, pax. 636.

Na Biblia hebrea, os Salmos cóntanse entre as "Escrituras" ou Quetuvim (unha das tres seccións principais nas que se agrupan os libros).

O libro dos Salmos, especialmente se está impreso de forma separada e feito para o canto, tamén é chamado Salterio. Composición do Salterio O Salterio está dividido en 150 Salmos, Cada un dos cales constitúes unha canción relixiosa ou cántico, aínda que un ou dous son atipicamente longos e poden formar un conxunto de cánticos relacionados. Cando a Biblia foi dividida en capítulos, cada Salmo tiña asignado o seu propio capítulo. Os Salmos son ás veces chamados capítulos, aínda que esa denominación é posterior á composición dos Salmos "canónicos" en 1.500 anos.

A organización e numeración dos Salmos difire lixeiramente entre os textos manuscritos hebreos (Textos dos masoretas) e os gregos (Biblia dos Setenta): Salmos hebreos Salmos gregos1-8 9-10 9 11-113 10-112 114-115 113 116 114-115 117-146 116-145 147 146-147148-150 Os Salmos 9 e 10 na hebrea se xuntan no 9 grego Os Salmos 114 e 115 son o 113 na versión grega Os Salmos 114 e 115 gregos son o Salmo 116 no texto hebreo Os Salmos 146 e 147 na grega son o 147 na versión hebrea As tradicións cristiás varían: As traducións protestantes están baseadas na numeración hebrea; As traducións da ortodoxia oriental se basean na numeración grega; Os textos litúrxicos oficiais dos católicos seguen a numeración grega, pero traducións modernas a miúdo usan a hebrea, engadindo algunhas veces, entre parénteses, a numeración grega.

A maioría dos manuscritos da Biblia dos Setenta tamén inclúen un Salmo 151, presente nas traducións ortodoxas; unha versión hebrea foi atopada no "Pergamiño dos Salmos" nos Manuscritos do Mar Morto. Ese pergamiño presenta os Salmos nunha orde diferente de calquera outra, á parte de poemas e himnos non canónicos.

Para o resto do artigo se utilizará a numeración hebrea dos Salmos salvo que se diga o contrario.

Autoría e adscricións A tradición xudía mantén que os Salmos son obra de David (setenta e tres Salmos teñen o seu nome), baseándose nos escritos dos dez antigos salmistas (incluídos Adán e Moisés). Moitos expertos modernos os ven como unha creación de varios autores ou grupos de autores, moitos deles descoñecidos. A maioría dos Salmos veñen con algunhas palabras introductorios (que son frecuentemente diferentes nas tradicións dos textos dos masoretas e dos setenta, ou ausentes nun a presentes noutro) adscribíndoos a un autor particular ou dicindo algo, normalmente nunha linguaxe críptica, sobre as circunstancias da súa composición; só 73 desas introducións teñen a David como suposto autor. Xa que os Salmos non foron escritos en hebreo ata o século VI a.C., preto de medio milenio despois do reinado de David (ao redor de 1000 a.C.), dependeron, sen dúbida, da tradición oral ou hímnica para a transmisión de calquera material de David. miniatura|Libro de Horas de Bedford (século XV). Samuel dándolle a unción a David. Os Salmos 39, 62 e 77 están relacionados co Ghedutun, para seren cantados á súa maneira ou no seu coro. Os Salmos 50 e 73-83 están asociados co Asaf, como mestre do seu coro, para seren cantados na adoración a Deus. As adscricións dos Salmos 42, 44-49, 84, 85, 87 e 88 afirman que os "fillos de Corá" se encargaban de arranxalos e cantalos; As crónicas 20:19 suxiren que este grupo formaba unha parte importante dos cantantes coratitas. O experto en asuntos hebreos Joel M. Hoffman suxire que o Salmo 49 pode ser anticorrupción, non "a favor de Corá" senón "en contra de Corá."My People's Prayer Book Volume 9. (Rabbi Lawrence A. Hoffman, ed.) 2004. ISBN 1-58023-262-0.

O Salmo 18 se atopa tamén, con variacións mínimas, en 2 Samuel 22, razón pola cal, en concordancia coa convención onomástica usada noutras partes da Biblia histórica, se coñece como a Canción de David.

Seccións do libro Na tradición xudía o Salterio está dividido, en analoxía co Pentateuco, en cinco libros, cada un rematando cunha doxoloxía ou bendición (para a división en vinte cacismata, véxase Uso ortodoxo, embaixo): O primeiro libro está composto polos 41 primeiros Salmos. Todos eles se lle atribúen a David salvo os Salmos 1, 2, 10, e 33, os cales, aínda que sen título, tamén foron tradicionalmente atribuídos a David. Mentres que a súa autoría non se pode confirmar, esta é probablemente a sección máis vella dos Salmos. O segundo libro contén os seguintes 31 Salmos (42-72). Dezaoito deles se lle atribúen a David. O Salmo 72 comeza "Para Salomón", pero foi tradicionalmente entendido que o escribira David como oración para o seu fillo. O resto son anónimos. O terceiro libro contén dezasete Salmos (73-89), dos cales o 86 puido ser de David, o 88 de Hemán o Ezraghíta e o 89 a Eitán o Ezraghíta. O cuarto libro tamén ten dezasete Salmos (90-106), o 90 parece ser de Moisés, e os Salmos 101 e 103 de David. O quinto libro ten os 44 Salmos restantes. Deles, 15 son de David, un (Salmo 127) tamén para Salomón.

O Salmo 136 é normalmente chamado "o grande Halel," pero o Talmud tamén inclúe os Salmos 120-135. Os Salmos 113-118 constitúen o Halel, que é recitado nas tres grandes celebracións, (Pascua, Shavuot e Sucot); coa lúa nova; e nos oito días de Ghánuca. Unha versión do Salmo 136 lixeiramente diferente aparece nos Pergamiños do mar Morto.

Os Salmos 120-134, chamados Salmos graduais, e crese que foron himnos usados polos peregrinos que accedían ao Templo de Xerusalén.

O Salmo 119 é o máis longo. Está composto por 176 versículos en grupos de oito, cada un comezando cunha das 22 letras do alfabeto hebreo. Moitos outros Salmos tamén teñen xogos de letras. Pénsase que estes Salmos son composicións escritas (máis que orais) do primeiro, e, polo tanto, dunha data relativamente tardía.

O Salmo 117 é o Salmo máis curto, non ten máis que dous versículos.

Tipos de salmo Os eruditos notaron que había grupos de Salmos que se podían clasificar nunha mesma categoría polas súas similitudes. Os tipos máis importantes son: Himnos Lamentos individuais Lamentos da comunidade Cantos de confianza Salmos de acción de grazas individuais Salmos reais Salmos de sabedoría Salmos de peregrinación Salmos de liturxia

Outros tipos son: Cantos de Zion - Salmos 48, 76, 84, 87, 122 e 134; Litanías históricas - Salmos 78, 105, 106, 135 e 136; Liturxias de peregrino - Salmos 81 e 21; Liturxias de entrada - Psalms 15 e 24; Liturxias de xuízo - Salmos 50 e 82; Tipos mixtos - 36, 40, 41 e 68.

Walter Brueggemann propón outra forma de categorizar os Salmos: Orientación, desorientación e reorientaciónBrueggmann, Walter: "Praying the Psalms", Winona, MN: St. Mary's Press, 1986.

Uso dos salmos nos ritos xudeus miniatura|dereita|Un home le os Salmos no Muro das lamentacións No Pentateuco (ou Torá), Moisés lidera aos xudeus en dous cantos de loanza: sobre a separación das augas do Mar Vermello (Éxodo 15) e antes da súa morte (Deuteronomio 32). Tamén, os xudeus cantan sobre as milagres feitas para eles (Números 21). Outras figuras xudías cantarían para celebrar milagres, incluíndo Xosué e Débora. Aínda así, é David quen é coñecido como o "doce cantante de Israel".

Algúns dos títulos dos Salmos suxiren a súa finalidade no culto: Algúns levan a designación hebrea shir (en grego oda, un canto). Trece teñen este título. Significa un fluxo de aire de forma continuada. Dentro deste grupo hai cantos sagrados e profanos. Cincuenta e oito Salmos chámanse mizmor (en grego psalmos, un Salmo), unha oda lírica ou un canto musicalizado, un canto sagrado acompañado dun instrumento musical. O Salmo 145, e moitos outros, son teghila (en grego hümnos, un himno), é un canto de loanza cuxo pensamento máis importante é a adoración a Deus. Seis Salmos (16, 56-60) chámanse michtam. O Salmo 7 e Habacuc 3 teñen por título shigaión.

Os Salmos úsanse en toda a liturxia tradizonal xudía. Moitos Salmos completos e estrofas de Salmos aparecen en servizos matutinos. O Salmo 145 (comunmente chamado "Ashrei," que é realmente a primeira palabra de dúas estrofas engadidas ao principio do Salmo), é lido durante ou antes dos servizos, tres veces ao día. Os Salmos 95-99, 29, 92, e 93, xunto con outras lecturas tardías, conforman a introdución ("Cabalat Shabat") ao servizo nocturno do venrese.

Tradicionalmente, un "Salmo do día" diferente lese tras o servizo matutino cada día da semana (comezando o domingo, os Salmos: 24, 48, 82, 94, 81, 93, 92). Isto descríbese na Mishná (a codificación inicial da tradición oral xudía) no tratado "Tamid."

Dende o Rosh Chodesh en Elul ata o Hoshaná Rabá, o Salmo 27 recítase dúas veces ao día polos xudeus tradicionais.

Cando un xudeu morre, establécese unha vixilancia do corpo e recítanse teghilim (Salmos) constantemente á luz dos candís ou do sol ata o enterro. Historicamente, esta vixilancia só era feita pola familia inmediata – normalmente en quendas – pero na práctica contemporánea, este servizo fano os empregados da funeraria ou Chevra cadisha.

Moitos xudeus completan o Libro dos Salmos nunha base semanal ou mensual. Algúns tamén recitan, cada semana, un Salmo conectado cos acontecementos desa semana ou coa parte da Torá lida durante esa semana. Aínda máis, moitos xudeus (entre eles os Lubavitch e outros Chasidim) len o libro enteiro antes dos servizos matutinos, no Shabat que precede a aparizón calculada da nova lúa.

A lectura dos Salmos vese na tradición xudía como un vehículo para gañar o favor de Deus. Polo tanto, os Salmos son especialmente recitados en tempos de problemas, como a pobreza, a enfermidade ou o dano físico. En moitas sinagogas, recítanse Salmos tras os servizos pedindo pola seguridade do Estado de Israel.

Tamén se pode ler entre un grupo de persoas, dividíndoo entre eles, así, completan e libro enteiro xuntos.

As 116 citas directas dos Salmos no Novo Testamento mostran que lles eran familiares á comunidade xudía no primeiro século da era cristiá.

Os salmos no culto cristián miniatura|250px|Salterio de San Floriano dereita|miniatura| Nenos cantando e tocando música, ilustración do Salmo 150 (Laudate Dominum). Algunhas referencias do Novo Testamento mostran que os cristiáns primitivos usaban os Salmos nos rezos e permaneceron como parte importante do culto en todas as Igrexas cristiás. As igrexas Ortodoxa, Católica e Anglicana sempre usaron sistematicamente os Salmos, cun ciclo de recitación de todos eles ou dunha gran parte no curso dunha ou varias semanas. Nos primeiros séculos da Igrexa, esperábase que calquera candidato a bispo puidese recitar todo o Salterio de memoria, algo que aprendían normalmente case automaticamente durante o monacato. Hoxe en día aínda se producen novas traducións e arranxos de Salmos. Moitas denominacións conservadoras só cantan Salmos (algunhas parroquias tamén cantan o pequeno número de himnos que se atopan na Biblia)durante o culto, e non aceptan o uso de himnos non bíblicos; algúns exemplos son a Igrexa Presbiteriana Reformada de América do Norte, a Igrexa Presbiteriana de Westminster nos Estados Unidos e s Igrexa Libre de Escocia.