miniatura|300px|dereita|Centro de Potenza, capital da Basilicata. Basilicata, tamén chamada Lucania, é unha rexión da Italia meridional con preto de 600 000 habitantes. A capital da rexión é Potenza. Basilicata limita ao sueste co mar Xónico (Golfo de Taranto), ao leste coa Puglia, ao oeste coa Campania, ao suroeste co mar Tirreno e ao sur coa Calabria. As cidades principais son Potenza, e Matera (capital da súa provincia), Pisticci, Melfi e Policoro.
Xeografía O territorio de Basilicata é sobre todo montañoso (46,8%). O cumios principais do Apenino Lucano son: Pollino (2248 m), Sirino (2007 m), Papa (2000 m), Volturino (1836 m) e Serranetta (1472 m). Na área norteoccidental da rexión áchase un volcán inactivo, o monte Vulture. Os outeiros ocupan o 45,13% e as chairas só o 1,8%, e entre elas a maior é a chaira de Metaponto que ocupa a parte meridional da rexión, ao longo da costa xónica. Os ríos lucanos son torrenteiras, entre a que destaca o Bradano, o Basento, o Agri, o Sinni e o Cavone. Entre os lagos e encoros, o de Monticchio ten orixe volcánica, mentres que os de Pietra del Pertusillo, San Giulano e Monte Cotugno son artificiais, construídos para consumo humano e regadíos. As costas do litoral xónico son baixas e areosas, mentres as do litoral tirrénico son altas e rochosas. O clima é de tipo mediterráneo nas costas e continental nas zonas de montaña.
Poboación dereita|miniatura|300px|Mapa das provincias lucanas A Basilicata divídese en dúas provincias: Potenza e Matera. Os principais núcleos de poboación da Basilicata son:
Posición Concello Poboación 1° Potenza 68 252 2° Matera 59 738 3° Pisticci (Mt) 17 810 4° Melfi (Pz) 17 191 5° Policoro (Mt) 15 6536° Lavello (Pz) 13 672 7° Lauria (Pz) 13 561 8° Rionero in Vulture (Pz) 13 413 9° Bernalda (Mt) 12 183 10° Venosa (Pz) 12 093 11° Avigliano(Pz) 12 055 12° Montescaglioso (Mt) 10 043
Categoría:Rexións de Italia