Nimbos é un libro de poemas do guitiricense Xosé María Díaz Castro, publicado o 5 de xullo de 1961 por Editorial Galaxia.
Descrición Foi a única obra bibliográfica do autor editada en vida, homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2014. Constituída por trinta e dúas composicións, divididas en sete epígrafes,Artigo Nimbos da Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo. está considerado como unha obra de alta poesía universal. Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.
O título (do latín nimbus) fai referencia aos halos, o círculo dourado que nas representacións gráficas do cristianismo aparece arredor da cabeza de Xesús Cristo, a Virxe María e os santos.
Edicións e traducións 1961, Editorial Galaxia, Vigo, 74 páx., ISBN 978-84-7154-075-1.Base de datos de libros editados en España Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 1982, Editorial Nacional, Madrid, 72 páx., ISBN 978-84-276-0612-8, en galego e castelán, con presentación de Carballo Calero. 1989, Editorial Galaxia, Vigo, 96 páx., ISBN 978-84-7154-659-3. 1997, Nimbes (en valenciano), t. de Vicent Berenguer, Denes, 86 p., ISBN 84-88578-38-5, inclúe texto orixinal e versión en castelán do autor. 2002, Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia/Galaxia, 96 p., ISBN 84-9757-017-0 e ISBN 84-8288-516-2. 2006, Editorial Galaxia, Vigo, 96 páx., ISBN 978-84-8288-965-8. 2014, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Cultura, ISBN-13: 978-84-453-5174-1. Inclúe o texto orixinal e a tradución ao éuscaro de Gerardo Markuleta, cun prólogo de Xesús Alonso MonteroFicha en BiTraGa.. 2014, Small Stations Press, Col. Galician Classics, ISBN 978-954-384-032-8, tradución ao inglés de John RutherfordFicha en BiTraGa.. 2014, Centro de Estudos Galegos San Petesburgo. Inclúe o texto galego e a tradución ao ruso de Elena ZernovaFicha en BiTraGa..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Penélope (poema) Bibliografía Blanco García, Carmen, "Díaz Castro e as mulleres da Terra: as metamorfoses da grande Nai en Nimbos", en Nais, damas, prostitutas e feirantas, Xerais, Vigo, 1995, páx. 247-276, ISBN 84-7507-910-5 Pérez López, Segundo Leonardo; A ferida da beleza en Nimbos, Instituto Teolóxico Compostelán, 2014, ISBN 978-84-942402-3-2. Requeixo, Armando; Unha aproximación a Nimbos de Xosé María Díaz Castro, Revista Galega do Ensino, nº 12, maio de 1996, páx. 101-120 (en Dialnet). Requeixo, Armando; Xosé María Díaz Castro, Nimbos, Unidade didáctica para o bacharelato 2008, 20 páx.
Ligazóns externas Vista previa de Nimbos (ed. 2006) en Google Books. Proxecto Nimbos
Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1961 Categoría:Xosé María Díaz Castro Categoría:Editorial Galaxia