dereita|miniatura|Obituario polo traslado dos seus restos en El Diario de Santiago, 13 de xuño de 1876. Miguel García Cuesta, nado en Macotera (Salamanca) o 6 de outubro de 1803 e finado en Santiago de Compostela o 14 de abril de 1873, foi un prelado católico español, que actuou no Concilio Vaticano I (1869 - 1870).

Traxectoria En 1847 foi promovido como bispo de Jaca (Huesca), desde onde pasou a presidir o arcebispado de Santiago de Compostela, ministerio que ostentaría desde 1851 até a súa morte en 1873.

En 1861 foi nomeado cardeal. Varios anos despois participou no Concilio Vaticano Primeiro, convocado polo papa Pío IX. Nas sesións conciliares defendeu ardentemente a declaración dogmática da Inmaculada Concepción de María, que finalmente sería aprobada.

Realizou persoalmente a reforma parroquial de 1867 da diocese de Santiago de Compostela.

Durante a Década democrática, en plenas constituíntes, García Cuesta atacou a validez do matrimonio civil e negouse a xurar a Constitución española de 1869.

Trasladou o Seminario Diocesano, desde o Colexio de San Clemente, onde o aloxara o bispo Rafael de Vélez, para o mosteiro de San Martiño Pinario, ambos os dous lugares situados en Santiago de Compostela.

Sucesión apostólica

Miguel García Cuesta (1848) Juan Antonio Rivadeneyra (1831) Agustín Lorenzo Varela Temes (1824) Hipólito Antonio Sánchez Rangel de Fayas (1807) José Cuero y Caicedo

Notas

Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Nados na provincia de Salamanca Categoría:Nados en 1803 Categoría:Finados en 1873 Categoría:Cardeais creados por Pío IX Categoría:Cardeais de España Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro