miniatura|dereita|250px|Esclusas da canle de Eisenhower.

Na súa acepción máis ampla, a Canle de San Lourenzo (en inglés: Saint Lawrence Seaway, en francés: voie maritime du Saint-Laurent) é un curso de auga profundo, de 3.700 km de lonxitude, un sistema de canles que permite aos buques procedentes do océano Atlántico alcanzar a cabeza dos Grandes Lagos de América do Norte ata o lago Superior. Pero segundo a lei, esténdese só desde Montreal ao lago Erie, incluíndo a canle Welland que permite salvar as cataratas do Niágara.

Características A primeira parte da vía marítima é unha cadea de canles ao longo do río San Lourenzo que comprende sete esclusas (cinco canadenses, dúas americanas). A vía comeza no porto de Montreal, onde a canle do South Shore (esclusas Saint-Lambert e Sainte-Catherine) permite salvar os rápidos de Lachine. Ao oeste da illa de Montreal e do lago San Luís, a canle e as dúas esclusas de Beauharnois permiten ir máis aló da central hidroeléctrica de Beauharnois.

A vía marítima deixa Quebec polo lago Saint-François e a Primeira nación do Consello dos mohawk de Akwesasne para pasar entre a provincia de Ontario e o estado de Nova York ata o lago Ontario. A canle Wiley-Dondero (esclusas Snell e Eisenhower) permite ir máis aló da central hidroeléctrica Moses-Saunders. A esclusa curta de Iroquois tamén permite ir máis aló da presa Iroquois que controla o nivel do lago Ontario.

A vía marítima abriuse á navegación o 25 de abril de 1959 (apertura oficial o 26 de xuño de 1959 pola raíña Isabel II do Reino Unido e o presidente norteamericano Dwight D. Eisenhower). A canle está baixo unha administración conxunta canadense e americana.

A construción da vía marítima supuxo a introdución involuntaria de especies non indíxenas animais e vexetais nos ecosistemas acuáticos de San Lourenzo e dos Grandes Lagos, como o mexillón cebra e a lamprea de mar.

Véxase tamén Outros artigos Canle de Suez Canle de Panamá Ligazóns externas Great Lakes St. Lawrence Seaway System web site The Saint Lawrence Seaway Development Corporation The Lost Villages Historical Society Excerpt from the Illustrated London News, January 11, 1862 describing the Canals of Canada. Exchange of Notes, amending 1959 Agreement of Application of Tolls

San Lourenzo Categoría:Canadá