Unha área metropolitana é un gran centro de poboación que abrangue unha cidade central, que lle dá o nome á área, e a súa zona adxacente de influencia. Esta zona de influencia normalmente consiste nunha serie de cidades adxacentes, chamadas cidades satélites, que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais ou comerciais. A área metropolitana organizase de maneira centralizada en torno a cidade central.

Definición e características O concepto de área metropolitana fai referencia a unha aglomeración urbana, xeralmente unha grande cidade central, combinada cunha periferia non necesariamente urbana que se acha dentro da zona de influencia, xeralmente cidades satélites e/ou suburbios, e que constitúen un gran centro de poboación.

Varias son as características que definen a área metropolitana e a relación entre ambas zonas. A rexión metropolitana non precisa estar obrigatoriamenta formada por unha única zona contigua urbanizada, podéndose designar como rexión metropolitana, unha rexión con dúas ou máis áreas urbanizadas intercaladas con áreas rurais. A rexión metropolitana posúe un alto grau de integración entre as áreas mantendo unha organización centralizada en torno a cidade central. A rexión metropolitana está definida polas correspondentes administracións. E, A rexión metropolitana constitúese como un grande centro de poboación de grande densidade.

Véxase tamén Outros artigos Aglomeración Conurbanación Megalópole Metrópole Planificación estratéxica urbana

Ligazóns externas Asociación mundial das grandes metrópoles

Categoría:Áreas metropolitanas