Gonzalo Martín Uriarte, nado na Coruña en 1952, é un actor galego. Popular pola súa participación en series da Televisión de Galicia como Pratos Combinados ou Libro de familia, ten participado noutras moitas series galegas e de ámbito estatal.
Traxectoria En cine destaca a súa participación en películas como A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1997), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2003), Trece badaladas (Xavier Villaverde, 2002), e mesmo unha pequena colaboración na exitosa El laberinto del fauno (2006), de Guillermo del Toro.
Conta así mesmo cunha ampla experiencia teatral e tamén ten traballado como actor de dobraxe.
Filmografía Reflexos (1982), de Carlos Amil (curtametraxe). Tacón (1982), de Xavier Villaverde. (curtametraxe). Galego (1988), de Manuel Octavio Gómez. Continental (1990), de Xavier Villaverde. Un café de ollos verdes (1992), de Antonio F. Simón. Edipo e Techné (1997), de Ignacio Vilar. A noiva de medianoite (1997), de Antonio F. Simón. A lingua das bolboretas (1997), de José Luis Cuerda. Tierra de fuego (1999), de Miguel Littin. Sei quen es (2000), de Patricia Ferreira Mañá. Ciclo (2002), de David e Tristán Ulloa. Trece badaladas (2002), de Xavier Villaverde. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Ipso facto (2003), de Manuel Pena. Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza. Lobos (2004), de Dani de la Torre. Para que non me esquezas (2005), de Patricia Ferreira Mañá. Os mortos van á présa (2006), de Ángel de la Cruz. El laberinto del fauno (2006), de Guillermo del Toro. O coleccionista (2006), de Xosel Díez (curtametraxe). Retornos (2010), de Luis Avilés Baquero. Os fenómenos (2014), de Alfonso Zarauza.
Televisión O Campo de atrás (1987), de Manuel Pombal. TVG. Os Outros feirantes (1989), de Xosé Cermeño e Antón Dobao. TVG. Castelao, sinfonía de un esqueleto (1988), de Domenech Font. TVG. Lembrando a Xelmirez (1989), de Rafael de la Cueva. TVE. Morosos varios (1990), de Roberto Vidal Bolaño. Máis Ozono (1990). TVG. Memorias dun parado (1991), de Antonio F. Simón. TVG. A familia Pita (1997, episódico). TVG. Pratos combinados (1995-2001). TVG. Mareas vivas (1999-2000), de Emilio McGregor e Chema Gagino (varios episodios). TVG Galicia Express (2001). TVG. Sant'Antonio di Padova (2002), de Umberto Marino. Pequeno Hotel (2002). TVG. As leis de Celavella (2003), de Jorge Coira. TVG. Avenida de América (2003). TVG. Hospital Central (2003) (episódico). Telecinco. El comisario (2004, episódico). Telecinco. Pepe Carvalho (2004, episódico). Telecinco. Libro de familia (2005). TVG. Pazo de familia (2014). TVG.
Teatro Compañía Troula O velorio (1978), dirixida por Antonio F. Simón, escrita en 1971 por Francisco Taxes. Anastas ou a orixe da Constitución de Juan Benet (1979), dirixida por Antonio F. Simón. Pedro Madruga, Conde Camiña, Señor de Soutomaior (1980), dirixida por Antonio F. Simón e escrita por Miguel Gato.
Centro Dramático Galego Woyzek (1984), dirixida por Xulio Lago. Caderno de Bitácora (1985), dirixida por Antonio F. Simón. O enfermo imaxinario (1986), dirixida por Eduardo Alonso. As tres irmás (1987), dirixida por X. M. Rabón. Un Refaixo pra Celestina (1993), dirixida por Antonio F. Simón. Lugar (1999), dirixida por Antonio F. Simón. Xelmírez ou a gloria de Compostela (1999), dirixida por Roberto Vidal Bolaño. A burla do galo (2000), dirixida por Xan Cejudo. Calígula (2000), dirixida por Manuel Guede. O velorio (espectáculo Daquel abrente, 2003), dirixida por Antonio F. Simón.
Produccións Noroeste Medea (1987), dirixida por Eduardo Alonso.
Teatro do Atlántico Liberdade Bremana (1988), dirixida por Xulio Lago. Historia de Neera (1988), dirixida por Xulio Lago. Non se chora (1993), dirixida por Xulio Lago. Tolos de amor (1995), dirixida por Xulio Lago. Casa de bonecas (1996), dirixida por Xulio Lago. A noite das tríbades (1996), dirixida por Xulio Lago. Amor de Don Perlimpín con Belisa no xardín (1998), dirixida por Xulio Lago. Vellos tempos (1998), dirixida por Xulio Lago.
Teatro do Aquí Saxo tenor (1992), dirixida por Roberto Vidal Bolaño.
Teatro do Morcego Os vellos non deben de namorarse (2001), dirixida por Celso Parada.
Pro Concierto en la ópera O empresario (1991), dirixida por X. M. Rabóm.
Premios Premio María Casares 1997 ó mellor actor protagonista por A noite das tríbades (1996), dirixida por Xulio Lago. Premio AGAPI 1998 á mellor interpretación masculina por O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2005 á mellor interpretación masculina secundaria por Libro de familia. Premio Maruxa Villanueva 2009. Premio de Honra Marisa Soto 2010.
Véxase tamén Ligazóns externas Asociación de Actores, Directores e Técnicos da Escena de Galicia AVG Axencia Audiovisual Galega
Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1952 Categoría:Actores de dobraxe de Galicia