miniatura|Cándido Pazó co premio ó mellor texto orixinal na edición de 2014. Os Premios de Teatro María Casares ao mellor texto orixinal outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores traballos nesa especialidade teatral da temporada anterior.
Os galardóns Os Premios María Casares galardoaron na categoría de mellor texto orixinal os seguintes profesionais:
1997. Gustavo Pernas por Ladraremos (Áncora Produccións) 1998. Roberto Vidal Bolaño por Anxeliños (Teatro do Aquí) 1999. Roberto Vidal Bolaño por Rastros (Teatro do Aquí) 2000. Cándido Pazó por O bululú do linier (Teatro do Aquí) 2001. Roberto Vidal Bolaño por Criaturas (Teatro do Aquí) 2002. Quico Cadaval por Espantoso (Mohicania) 2003. Roberto Vidal Bolaño por Animaliños (Teratro do Aquí) 2004. Avelino González, Cándido Pazó, Xabier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, Manuel Núñez Singala e Marta Echevarría por Bicos con lingua (Talía Teatro) 2005. José Luis Prieto por Fobias (Lagarta lagarta) 2006. Cándido Pazó por García (Teatro do Adro) 2007. Eduardo Alonso por Imperial Café Cantante (Teatro do Noroeste) 2008. Cándido Pazó por A piragua (Centro Dramático Galego) 2009. Teresa Moure por Unha primavera para Aldara (Teatro do Atlántico) 2010. Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira), por Shakespeare para ignorantes (Producións Teatrais Excéntricas) 2011. Rubén Ruibal, por Limpeza de Sangue, (Espello Cóncavo)Os XV Premios de Teatro María Casares foron a gran festa da escena galega, web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, 25/3/2011.. 2012. Avelino González, Artur Trillo, Séchu Sende e María Ordóñez, por Pelos na lingua (Talía Teatro). 2013. Santiago Cortegoso, por Pequenos actos pseudorrevolucionarios (Ibuprofeno Teatro) 2014. Cándido Pazó por As do peixe (Abrapalabra Creacións Escénicas) 2015. Quico Cadaval por Bobas & Galegas: Mofa & Befa no Século de Ouro (Producións Teatrais Excéntricas) 2016. Diana Mera, Merche Pérez e Teté García por 30 e tantos ósos (Aporía Escénica) 2017. Santiago Cortegoso por Raclette (Ibuprofeno Teatro) 2018. Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Gena Baamonde por Elisa e Marcela (A Panadaría) 2019. María Lado e Iria Pinheiro por Anatomía dunha serea (Chévere) 2020. Jose Prieto por Bernarda (Malasombra) 2021. Vanesa Sotelo e Davide González por Microspectivas dun marica millennial (Incendiaria) 2022. Marta Lado, Araceli Gonda, Artur Trillo, Diego Rey, Séchu Sende e Jose Prieto, por A parábola do angazo, de Talía Teatro 2023. Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría 2024: 2025: Esther F. Carrodeguas por Iribarne, de ButacaZero. 2026: Santiago Cortegoso, por Reconversión.
Os autores máis premiados Roberto Vidal Bolaño gañou este premio en catro ocasións, ao igual ca Cándido Pazó, mentres que Avelino González o fixo en tres.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre todas as edicións dos Premios na páxina da AAAG Asociación de Actores e Actrices de Galicia
!