Guillermo del Toro, nado en Guadalaxara (Xalisco) o 9 de outubro de 1964, é un director de cine mexicano.

Traxectoria Del Toro empezou a filmar desde adolescente, cando estaba no Instituto de Ciencias. Pasou dez anos en deseño de maquillaxe e formou a súa propia compañía Necropia antes de poder ser o produtor executivo do seu primeiro filme ós 21 anos. Foi cofundador do Festival de cine de Guadalaxara e creou a compañía de produción Tequila Gang.

En 1998 o seu pai foi secuestrado en México; tras conseguir a súa liberación mediante o pago dun rescate, Del Toro decidiu mudarse ó estranxeiro e actualmente vive nos Ánxeles (California).

Dirixiu unha ampla variedade de películas, desde adaptacións de cómics como (Hellboy e Blade II) a películas de terror e fantasía histórica, dúas das cales sitúanse en España na época da guerra civil española e o, inmediatamente posterior réxime ditatorial do Xeneral Francisco Franco. Estas dúas películas, El espinazo del diablo e El laberinto del fauno, son os seus dous traballos máis aclamados pola crítica. Tamén comparten aspectos similares: protagonistas (nenos pequenos) e temática (como a relación terror/fantasía e o vivir baixo un réxime fascista ou ditatorial).

Guillermo Del Toro caracterízase por imprimir unha estética e ambientación espectaculares ás súas películas, creando ambientes tétricos e atafegantes ou situacións máxicas e fantásticas. O seu estilo está marcado polo seu gusto pola bioloxía e pola escola de arte simbolista, a súa fascinación polo mundo fantástico desde o punto de vista dos contos de fadas e o seu gusto polos temas escuros. Os seus traballos inclúen frecuentemente monstros e/ou seres fantásticos. Del Toro sempre afirmou estar "namorado dos monstros. A miña fascinación cara a eles é case antropolóxica... estúdoos, disecciónoos nalgunhas das miñas películas: quero saber como funcionan, que aspecto teñen por dentro e como se comportan". Tamén ten unha lista doutras cousas que lle fascinan e que se converteron en pezas habituais das súas películas: "teño unha especie de fetichismo polos insectos, reloxeiros, monstros, lugares escuros, cousas sen nacer...".

Guillermo del Toro é tamén amigo de dous directores mexicanos aclamados pola crítica: Afonso Cuarón e Alejandro González Iñárritu. Os tres inflúen ás veces nas decisións dos demais en cuestións de dirección, foron entrevistados xuntos por Charlie Rose, e Cuarón foi un dos produtores de El laberinto del fauno. Os tres foron nomeados ós Premios Oscar 2006, entregados en febreiro de 2007 -del Toro foi nomeado por El laberinto del fauno (que obtivo 6 nomeamentos, incluíndo Mellor Película de Lingua Estranxeira), Cuarón por escribir e editar Children of Men e Iñárritu por producir e dirixir Babel.

Galardóns Premios Goya 2006 Entregados o 28 de xaneiro de 2007. Categoría Persoa ResultadoMellor películaCandidataMellor directorGuillermo del ToroCandidatoMellor actorSergi López AyatsCandidatoMellor actrizMaribel VerdúCandidataMellor actriz revelaciónIvana BaqueroGañadoraMellor guión orixinalGuillermo del ToroGañadorMellor fotografíaGuillermo NavarroGañadorMellor montaxeBernat VilaplanaGañadorMellor dirección artísticaEugenio CandidatoMellor música orixinalJavier NavarreteCandidatoMellor sonMiguel Polo, Martín HernándezGañadoresMellor maquillaxe e barberíaJosé Quetglas, Blanca SánchezGañadoresMellores efectos especiaisDavid Martí, Reyes Abades, Montse RibeGañadores

Premios BAFTA 2006 Entregados o 11 de febreiro de 2007. Categoría Persoa ResultadoMellor película de fala non inglesaGañadoraMellor guión orixinalGuillermo del ToroCandidatoMellor fotografíaGuillermo NavarroCandidatoMellor deseño de produciónEugenio CandidatoMellor deseño de vestiarioLala Huete, Rocío RedondoGañadorasMellor sonMiguel Polo, Martín HernándezCandidatosMellor maquillaxe e barberíaJosé Quetglas, Blanca SánchezGañadoresMellores efectos visuaisEverett BurrellCandidato

Premios Oscar 2006 Entregados o 25 de febreiro de 2007 Categoría Acode ResultadoMellor película estranxeira Candidata (por México)Mellor fotografíaGuillermo NavarroGañadorMellor guión orixinalGuillermo del ToroCandidatoMellor maquillaxeDavid Martí, Montse RibéGañadoresMellor banda sonoraJavier NavarreteCandidatoMellor dirección artísticaEugenio , Pilar RevueltaGañadores

Filmografía Doña Lupe (1985) Geometria (1987) Cronos (La Invención de Cronos) (1993) Mimic (1997) El espinazo del diablo (2001) Blade II (2002) Hellboy (2004) El laberinto del fauno (2006) Hellboy II: The Golden Army (2008)

Véxase tamén

Outros artigos Cinema de México

Ligazóns externas Guillermo del Toro en Biosstars Páxina oficial de El Laberinto del Fauno Ensaio publicado en Letras Libres sobre El Laberinto del Fauno

Toro, Guillermo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Guadalaxara, México Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Actores de cinema de México