Rosalía Mera Goyenechea, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e finada na mesma cidade o 15 de agosto de 2013, foi unha empresaria galega. Foi co fundadora de Inditex xunto con Amancio Ortega.

Traxectoria miniatura|Fundación Paideia na praza de María Pita, A Coruña. miniatura|IES Rosalía Mera, na Coruña Tivo que deixar a escola con 11 anos para traballar nunha pequena empresa téxtil La Maja de costureira onde coñeceu a Amancio Ortega co que casaría e tería dous fillos, Sandra e Marcos. Fundaron GOA, esta empresa coruñesa foi medrando ata converterse en Zara e finalmente en Inditex. Logo do seu divorcio en 1986, Rosalía Mera conservou o 7% das participacións no grupo. En 1986 comezou os estudos de Maxisterio onde se Diplomou. En 2004 abandonou o consello de administración de Inditex, mantendo a súa participación logo da cotización en bolsa.

Despois da separación comezou unha carreira de investimentos en diferentes proxectos e corporacións de ámbitos tan diversos como a construción, inmobiliarias, unha compañía de recoñecemento de neonatos polas pegadas dactilares, o audiovisual ou a biotecnoloxía. Neste último campo foi membro do consello de administración de Pharma Mar, do grupo galego Zeltia. No audiovisual posuíu parte do capital de Continental Producciones, Milou Films ou Tornasol Films, e desenvolveu un centro de iniciativas empresariais denominado Mans, e centrado no sector audiovisual. Ademais, en 2007 entrou no sector da enerxía solar creando quince firmas de explotación de parques fotovoltaicos

A súa xestión económica realizábaa a través de sociedades de investimento como Rosp Corunna, Breixo Inversiones, Soandres de Activos ou Ferrado Inmuebles. A revista estadounidense Forbes situouna como a 76ª muller máis influente do mundo en 2007The 100 Most Powerful Women, Forbes. Comentado en galego en Galicia Hoxe ., así como a 264ª persoa máis rica do mundo, cun capital estimado de 2.490 millóns de eurosThe World's Billionaires (Forbes). Segundo esa mesma fonte, en 2007 sería a terceira persoa máis rica de Galicia, despois de Amancio Ortega e de Manuel Jove. A revista calculoulle en 2008 unha riqueza persoal de 1.964 millóns de euros (368ª do mundo)Lista Forbes..

Ademais, foi a fundadora (1986) e presidenta da Fundación Paideia Galiza, unha ONG que traballa a prol da incorporación das persoas discapacitadas ao mercado laboral.

O 14 de agosto de 2013, estando de vacacións en Menorca, sufriu un accidente cerebrovascular. Faleceu o día seguinte no Hopital San Rafael da Coruña a onde fora trasladada en avión dende Menorca. Foi enterrada no cemiterio da igrexa de Santaia de Liáns, en Oleiros (A Coruña).Rosalía Mera será enterrada este sábado en A Coruña.

Trala morte, a participación do 7% en Inditex foi herdada pola súa filla Sandra Ortega.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Inditex Categoría:Medallas Castelao Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes