The Corrs é un grupo irlandés formado por catro irmáns de Dundalk, que combina o folk rock, o pop rock e tamén a canción tradicional irlandesa nas súas composicións. Estiveron temporalmente nunha pausa, mentres Andrea e Sharon levaban a cabo carreiras en solitario (2005-2015). A finais de 2015 publicaron o seu álbum de retorno: White Light; en 2017 publican Jupiter Calling. Actuaron dúas veces en Galicia.

Traxectoria Ó longo da súa traxectoria levan gravados seis álbums de estudio e numerosos éxitos como Runaway, Only When I Sleep, What Can I Do?, I Never Loved You Anyway, Dreams, Radio, Breathless, ou Summer Sunshine, cos que levan vendido uns 50 millóns de discos en todo o mundo. Tamén posúen o título de membros da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas.

Teñen actuado en numerosos concertos benéficos, como o Prince's Trust en 2004 e Live 8 xunto con Bono en 2005. The Corrs cesou a súa actividade no 2005 debido a que Jim e Caroline preferiron adicarse ás súas respectivas familias, mentres que Andrea e Sharon levan cadansúa carreira en solitario. En xuño de 2015, Andrea anunciou que The Corrs actuaría en directo en Hyde Park o 13 de setembro de 2015 e que estaban en proceso de gravación dun novo álbum. O 17 de setembro de 2015, a banda confirmou o seu sexto álbum de estudio, White Light, que sería lanzado en novembro de 2015 e seguido dunha xira en 2016. En novembro de 2017 publican o seu novo álbum: Jupiter Calling, o primeiro sinxelo sae en setembro de 2017: Son of Salomon.

En Galicia The Corrs estivo en Galicia de xeito profesional en dúas ocasións. A primeira en xullo de 1999, co gallo da celebración dos Concertos da Fin do Milenio do Xacobeo 99. Actuaron na coruñesa praia de Santa Cristina en Oleiros xunto a Mike Oldfield e Luar na Lubre, durante a súa xira mundial coñecida como Talk on Corners World Tour, nun concerto de 60 mil espectadoreshttp://elpais.com/diario/1999/08/02/cultura/933544804_850215.html. Repetiron durante as celebracións do Xacobeo 2004, desta vez cun concerto o 17 de xullo de 2004 no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, durante a xira Borrowed Heaven tour.

Integrantes Membros principais Andrea Corr: Voz e tin whistle. Jim Corr: Piano, teclado, guitarra e coros. Sharon Corr: Violín e coros. Caroline Corr: Batería, bodhrán, piano e coros.

Membros ocasionais (Só como acompañamento. Non saíron nas promocións nin contribuíron nas composicións). Anthony Drennan: Guitarra Keith Duffy - Baixo e percusión Jason Duffy - Batería (substituíndo a Caroline durante o seu embarazo).

Discografía Álbums de estudio Ano Título 1995 Forgiven, Not Forgotten 1997 Talk on Corners 2000 In Blue 2004 Borrowed Heaven 2005 Home 2015 White Light 2017 Jupiter Calling

Álbums recompilatorios Ano Título 2001 Best of The Corrs 2006 Dreams: The Ultimate Corrs Collection 2007 The Works 2011 Original Album Series

Álbums ao vivo Ano Título 1997 The Corrs – Live 1999 The Corrs Unplugged 2002 VH1 Presents: The Corrs, Live in Dublin

Xiras e videografía Xiras Forgiven, Not Forgotten World Tour (1995–1997) Talk on Corners World Tour (1997–2000) In Blue Tour (2000–2001) Borrowed Heaven Tour (2004) The Corrs: In Concert White Light Tour (2016)

Videografía The Corrs: Live at the Royal Albert Hall The Corrs: Live at Lansdowne Road The Corrs Unplugged The Corrs Live In London All The Way Home/Live in Geneva

Listas de vendas Ano Título Posición na lista de vendas Premios España Irlanda Reino Unido Francia Suíza Alemaña EUA Australia Nova Zelandia 1995 Forgiven, Not Forgotten Álbum de Estudio Saíu: 26 de setembro de 1995 Formatos: CD, descarga dixital 4 1 1 49 37 86 131 – –Reino Unido: Disco de platino Australia: 9 discos de platino 1997 Talk on Corners Segundo álbum de estudio Saíu: 28 de outubro de 1997 Formatos: CD, descarga dixital 3 1 1 5 15 9 72 – 1Reino Unido: 9 discos de platino Australia: 4 discos de platino 2000 In Blue Terceiro álbum de estudio Saíu: 12 de setembro de 2000 Formatos: CD, descarga dixital 1 1 1 2 1 1 21 8 2Reino Unido: 2 discos de platino Australia: 4 discos de platino EUA: Disco de platino 2004 Borrowed Heaven Cuarto álbum de estudio Saíu: 31 de maio de 2004 Formatos: CD, descarga dixital 2 1 2 5 3 2 51 4 8Reino Unido:Disco de prata 2005 The Corrs Home Quinto álbum de estudio Saíu: 26 de setembro de 2005 Formatos: CD, descarga dixital 8 1 14 5 7 12 – 44 37Reino Unido: Disco de prata

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de The Corrs

Categoría:Cantantes en lingua irlandesa