Gerd Kanter, nado en Tallinn o 6 de maio de 1979, é un atleta estoniano, especialista en lanzamento de disco.
Traxectoria deportiva Con 25 anos conseguiu a mínima para participar nos Xogos de Atenas de 2004, pero daquela non puido meterse na final. Ao ano seguinte, en 2005, foi cando pasou á primeira plana do disco mundial, cando conseguiu a medalla de prata nos mundiais de Helsinqui, cando gañou a final mundial da IAAF, cando se impuxo nunha proba da Copa de Europa e cando venceu tamén na Universíada. Ademais, superou a fronteira dos 70 metros tamén por primeira vez nese ano.
O 4 de setembro de 2006 manda o disco a 73,38 m, conseguindo a terceira mellor marca da historia por detrás dos rexistros do alemán oriental Jürgen Schult (74,08 m en 1986) e do lituano Virgilijus Alekna (73,88 m en 2000), e está considerado a maior esperanza para bater a histórica marca de Schult. O 28 de agosto de 2007 proclamouse campión do mundo en Osaca cun lanzamento de 68,94 m.
O seu adestrador é o islandés Vésteinn Hafsteinsson.
Palmarés Campión do mundo de lanzamento de disco (2007) Subcampión do mundo de lanzamento de disco (2005) Campión universitario de lanzamento de disco (2005) (Universiada de Esmirna) Subcampión europeo de lanzamento de disco (2006) Finalista europeo de lanzamento de disco (2002), 12º
Categoría:Atletas olímpicos de Estonia Categoría:Lanzadores de disco Categoría:Nados en Talín Categoría:Nados en 1979 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Estonia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Estonia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012