O Reino de Redonda (Kingdom of Redonda, en inglés) é unha nación semificticia e semirreal creada ao redor da illa deshabitada de Redonda, unha dependencia de Antiga e Barbuda. Redonda tivo unha breve vida independente a partir de 1865, cando Matthew Dowdy Shiell, un banqueiro de Montserrat, se proclamou rei.

O escritor español Javier Marías ostentou o título de Rei de Redonda en termos literarios; con todo, outras tres persoas reclamaron o verdadeiro título do Reino. Este artigo céntrase na versión literaria, pero inclúe unha sección onde se presentan as controversias.

Historia do Reino Matthew Shiell comprou a illa de Redonda en 1865, cando naceu o seu primeiro fillo, Matthew Phipps Shiell (autor M. P. Shiel). Pediu o título de Rei de Redonda á Raíña Vitoria do Reino Unido, quen llo concedeu coa condición de que non houbese ningún tipo de política oposta aos intereses coloniais británicos (ou sexa, mentres que o seu reinado fose ficticio).Óscar López, "Érase unha vez un reino". O Xornal de Catalunya, 6 de xullo de 2001.

M.P. Shiell cedeu o título a un escritor que protexía, John Gawsworth, a quen, ademais, deixoulle os dereitos da súa obra. Aparentemente, Gawsworth, debido ao seu continuo estado de bancarrota, vendeu varias veces o título, o que provocou unha longa polémica sobre quen é o verdadeiro rei. Como sexa, Gawsworth cedeulle o título, os dereitos da súa obra e a de Shiell a John Wynne-Tyson (tamén un escritor). Cansado dos problemas do Reino, Wynne-Tyson abdicou do seu trono na década dos 90, cando, logo de ler Todas as almas (onde Gawsworth aparece como personaxe), outorgoulle o trono e os dereitos da obra de Shiell e Gawsworth a Javier Marías. Marías escribiu algúns detalles sobre como se converteu en Rei de Redonda en Negras costas do tempo.

O 11 de setembro de 2022 Javier Marías morreu en Madrid, deixando en xogo o trono. Ao parecer, Javier I nomeou como sucesor ao escritor colombiano Juan Gabriel Vásquez, aínda que este candidato ao trono aclararía que nunca tivo lugar unha cerimonia oficial de nomeamento.

En agosto de 2022, o escritor español Javier Diéguez viaxou á illa de Redonda e alí deixou, en homenaxe a Javier Marías e aos anteriores monarcas do reino de Redonda, algúns libros de Javier Marías, M. P. Shiel e Jon Wynne-Tyson. O libro 'Redonda' de Javier Diéguez é unha narración da súa viaxe á illa, ademais dunha homenaxe póstuma a Javier Marías.

Controversias Max Legget sostén ser Rei de Redonda porque en 1950, durante unha estancia en Toronto, Gawsworth estivo hospedado en casa dos seus pais e prometeu verbalmente á parella que se tiñan un fillo home este sería o seu herdeiro. William Leonard Gates sostén ser o lexítimo herdeiro ao trono da illa baixo o nome de Rei Leo e que Wynne-Tyson foi nomeado soamente como testamenteiro literario (literary executor, en inglés) no testamento de Gawsworth, polo tanto recoñece a Javier Marías como o novo testamenteiro literario dos primeiros reis. Rei Leo de Redonda, "King Javier Marías"" King Leo's Reply!!" en inglés. O seu reclamo está baseado en que Gawsworth nomeou a Arthut John Roberts (Rei Xoán II, segundo esta versión) como o herdeiro mediante un convenio irrevogable, asinado o 20 de outubro de 1966 e que fornecería efecto a partir da súa morte, sucedida en 1967. Roberts á súa vez nomearía a Gates como sucesor en 1989. Outra das razóns polas que Gates se considera o herdeiro lexítimo é porque, segundo sostén, posúe o Arquivo Real de Redonda; con todo, negouse a presentar publicamente os documentos da súa acreditación. Robert Williamson, autonomeado Rei Roberto o Calvo (King Robert the Bald), sostén o seu reinado como herdeiro de Wynne-Tyson argüindo que cando este lle comentou á hora do té que consideraba outorgarlle o trono a Javier Marías indignouse ante a idea de devolver a un español un territorio onde o Imperio Británico investira miles de libras esterlinas para expulsar xustamente a esa nación do Caribe. Como consecuencia decidiu pedirlle o título a Wynne-Tyson, quen, segundo a páxina web de Williamson, respondeulle cunha carta na que o nomeaba o seu sucesor.

Reis de Redonda (Esta lista baséase exclusivamente nos nomeamentos literarios e, polo tanto, exclúe todas as controversias.) Matthew Dowdy Shiell, 1865 - 1880, Rei Mateo I Matthew Phipps Shiell, 1880 - 1947, Rei Filipe I John Gawsworth, 1947 - 1967, Rei Xoán I John Wynne-Tyson, 1967 - 1997, Rei Xoán II Javier Marías, desde 1997, Rei Xavier I

Duques O Rei Xavier I comezou a outorgar títulos nobiliarios a personalidades das artes, do mesmo xeito que os seus antecesores. Aquí se enlistan, alfabeticamente, os nobres seguidos do ano do seu nomeamento. Os escritores e cineastas elixidos pola corte da illa como gañadores do Premio Reino de Redonda reciben, ademais dun premio monetario, un ducado.

Pedro Almodóvar, Duque de Trémula (1999) John Ashbery, Duque de Convexo (1999) Pierre Bourdieu, Duque de Desarraigamento (1999) William Boyd, Duque de Brazzaville (1999) Ray Bradbury, Duque de Dente de León (2006) Michael Bradeau, Duque de Miranda (2004) Antonia Susan Byatt, Duquesa de Morpho Eugenia (1999) Guillermo Cabrera Infante, Duque de Tigres (1999) Pietro Citati, Duque de Remonstranza (2002) John Maxwell Coetzee, Duque de Deshonra (2001) Francis Ford Coppola, Duque de Megalópolis (1999) Agustín Díaz Yanes, Duque de Michelín e Mestre da Real Tauromaquia (1999) Roger Dobson, Duque de Bridaespuela e Real Cronista en Lingua Inglesa (1999) Sir John Elliot, Duque de Simancas, (2002) Frank Owen Gehry, Duque de Nervión, (2001) Francis Haskell, Duque de Sommariva (1999) António Lobo Antunes, Duque de Crocodilos (2001) Claudio Magris, Duque de Segunda Man (2003) Eduardo Mendoza, Duque de Illa Longa (1999) Ian Michel, Duque de Bernal (2000) Alice Munro, Duquesa de Ontario (2005) Arturo Pérez-Reverte, Duque de Corso e Real Mestre de Esgrima (1999) Francisco Rico, Duque de Parezzo (1999) Éric Rohmer, Duque de Olalla e Duque de Raio Verde (2004) Sir Peter E. Russell, Duque de Plazatoro (1999) Fernando Savater, Duque de Caronte e Mestre do Real Hipódromo (1999) W.G. Max Sebald, Duque de Vertixe (2000) Luis Antonio de Villena, Duque de Malmundo e Poeta laureado en Lingua Española (1999) Juan Villoro, Duque de Noitevella (1999)

Notas

Categoría:Literatura Categoría:Antiga e Barbuda