Ambrym é unha illa e un volcán de Vanuatu, coñecida pola súa actividade volcánica que inclúe a formación de lagos de lava. Nela atópase a montaña Maroum. Preto da illa hai dúas pequenas illas sen nome que albergan as cidades de Liro e Loulep nunha, e noutra as cidades de Holen e Halos.

Etimoloxía Ambrym (tamén coñecida como Ambrin) chámase así polo Capitán Cook, que ancorou alí en 1774. Quere dicir "aquí están os iñames" ("ham rim" na lingua Ranon)

Xeografía Situado preto do centro do longo arquipélago de Vanuatu, Ambrym ten unha forma aproximadamente triangular, de aproximadamente 50 km. de ancho e 677´7 km² de superficie, é a quinta illa máis grande do país.

O cume no centro da illa está dominado por unha caldeira desértica, que abarca unha superficie de 100 km².

Coa excepción dos asentamentos humanos, o resto da illa está cuberta por espesa selva.

Vulcanoloxía Ambrym é un gran volcán basáltico cunha caldeira de 12 km de ancho, e un dos volcáns máis activos do arco volcánico das Novas Hébridas.

A caldeira é o resultado dunha grande erupción pliniana, que tivo lugar ao redor do 50 AD. A súa forza explosiva ten o Índice de explosividade volcánica 6, o segundo máis alto do Instituto Smithsoniano na lista das maiores erupcións volcánicas da historia xeolóxica recente.

A gran caldeira de 1900 anos de antigüidade 12 km x 8 km ten dous conos volcánicos activos, o Benbow e o Marum (tamén deletreado Maroum).

Mentres que nas elevacións máis altas predominan os conos de cinza, o extremo occidental da illa caracterízase por unha serie de aneis de toba basáltica, das cales o máis grande ten aproximadamente 1 km de diámetro. Estes prodúcense por erupcións freáticas, cando o magma entra en contacto co nivel freático e a auga saturada de sedimentos ao longo da costa.

Varias veces por século, o volcán Ambrym ten erupcións destrutivas.

A última erupción do monte Benbow foi en 1913, provocando a evacuación da poboación a Mele, preto de Port Vila en Efaté.

Demografía Coa veciña illa de Malakula e algunhas illas máis pequenas, Ambrym forma a provincia de Malampa. O seu asentamento máis grande é o pobo de Eas. A poboación segundo o Censo Nacional de Poboación e Vivenda de 2009 era de 7.275 habitantes,2009 National Census of Population and Housing, Vanuatu National Statistics Office viven principalmente das plantacións de coco.

Idiomas miniatura|Un tallista Ambrym, circa 1925 Do mesmo xeito que moitas illas de Vanuatu, Ambrym ten a súa propia Lingua Austronesia. No norte atópase a Lingua Ambrym norte, no sueste a Lingua Ambrym sueste, no sur a Lingua Daakaka, no oeste Lingua lonwolwol, e no suroeste Lingua Port Vato. Todas son faladas duns poucos centos a uns miles de falantes cada unha.

Pequenas illas próximas ao sur Paama cas vilas de Liro e Loulep Lopevi cas vilas de Holen e Halos (agora abandonada)

Cidades e pobos Fali - Craig Cove - Baiap - Sesivi - Emiotungan - Polibetakever - Lolibulo - Linboul - Liro - Loulep - Olal - Ranuetlam - Ranon - Port Vato - Lalinda - Toak - Fanla

Turismo Os turistas séntense atraídos polas características únicas de Ambrym: os volcáns activos, a vexetación tropical, e os costumes dos poboadores locais. Quédanse en bungalows de estilo tradicional, xa que non hai hoteis da illa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

South-East Ambrym Wordlist at the Austronesian Basic Vocabulary Database Video Shot Inside Marum Volcano

Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas de Vanuatu