Ahunui é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Hao. Está situado a 950 km ao sueste de Tahití.
Xeografía
É un atol pequeno, case circular, coa lagoa rodeada polos arrecifes sen un paso navegable ao interior.
Non dispón de infraestruturas e estivo moito tempo deshabitado. É unha reserva natural de aves. Nas praias atópanse pequenas ostras cunhas perlas naturais pequenas chamadaspoe pipi.
Historia
Foi descuberto polo inglés Beechey, en 1826, que o chamou Byam Martin.
Categoría:Atois de Tuamotu