dereita|miniatura|Cerimonia inaugural dos mundiais de Osaca O Campionato do Mundo de Atletismo de 2007 celebrouse na cidade xaponesa de Osaca dende o 24 de agosto ao 2 de setembro de 2007, no estadio de Nagai. Foi a undécima edición dos mundiais de atletismo, dende a súa creación en Helsinqui en 1983. Foi ademais a segunda edición dos mundiais en Asia, e tamén a segunda no Xapón, logo de Tokyo (mundiais de 1991). Competiuse en 47 disciplinas, 24 masculinas e 23 femininas.
A mascota do evento, chamada Traffie, é unha labarada azul ao estilo do manga e representa a enerxía e vitalidade do pobo xaponés. O nome deriva das palabras inglesas track e field, que é o nome co que se coñece o atletismo. O logotipo oficial baséase na aparencia dun cronómetro dixital, O:SA’KA’’ 2007, onde o O representa as horas, SA os minutos e KA os segundos.
A designación de Osaca anunciáraa a IAAF o 16 de novembro de 2002, logo de que as outras cidades concorrentes Budapest e Berlín retirasen as súas candidaturas.
Participantes Nos mundiais de 2007 participaron 1.981 atletas (1.051 homes e 930 mulleres) de 203 federacións distintas. Esta cifra supuxo un récord, aumentando en 99 atletas e 7 federacións a cifra dos mundiais de Helsinqui 2005.
Galicia non competiu con selección de seu, senón integrada na de España. Outros países e territorios sen recoñecemento oficial completo que si participaron nestes mundiais foron Palestina, Taiwán, Xibraltar, Anguila, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes Estadounidenses, Turks e Caicos, Guam, Illas Marianas do Norte, Illa Norfolk, Polinesia Francesa e Samoa Americana.
Participación galega O único atleta galego nos Mundiais de Osaca foi o ourensán Santi Pérez, que competiu na marcha de 50 quilómetros. Despois de liderar a proba durante o seu primeiro terzo, retirouse no km 22.
Resultados Proba 100 m mulleresVeronica Campbell • 11"01 Lauryn Williams • 11"01 Carmelita Jeter • 11"02 100 m homesTyson Gay • 9"85 Derrick Atkins • 9"91 Asafa Powell • 9"96 100 m valados mulleresMichelle Perry • 12"46 Perdita Felicien • 12"49 Delloreen Ennis-London • 12"50 110 m valados homesLiu Xiang • 12"95 David Payne • 12"99 Terrence Trammell • 13"02 200 m mulleresAllyson Felix • 21"81 Veronica Campbell • 22"34 Susanthika Jayasinghe • 22"63 200 m homesTyson Gay • 19"76 Usain Bolt • 19"91 Wallace Spearmon • 20"05 400 m mulleresChristine Ohuruogu • 49"61 Nicola Sanders • 49"61 Novlene Williams • 49"61 400 m homesJeremy Wariner • 43"45 LaShawn Merritt • 43"96 Angelo Taylor • 43"32 400 m valados mulleresJana Rawlinson • 53"31 Iulia Pechénquina • 53"50 Anna Jesien • 53"92 400 m valados homesKerron Clement • 47'61" Félix Sánchez • 48'01" Marek Plawgo • 48'12" 4x100 m mulleresWilliams, Felix • 43"01 Barber, Edwards Brooks, Stewart • 42"98 Facey, Campbell Borlee, Mauriën • 42"75 Ouédraogo, Gevaert 4x100 m homesPatton, Spearmon • 37"78 Gay, Dixon Anderson, Bolt • 37"89 Carter, Powell Malcolm, Pickering • 37"90 Devonish, Lewis-Francis 800 m mulleresJaneth Jepkosgei • 1'56"04 Hasna Benhass • 1'56"99 Mayte Martínez • 1'57"62 800 m homesAlfred Kirwa Yego • 1'47"09 Gary Reed • 1'47"10 Iuri Borsacovsqui • 1'47"39 1500 m mulleresMariam Iusuf Iamal • 3'58"75 Ielena Soboleva • 3'58"99 Irina Lixchinsca • 4'00"69 1500 m homesBernard Lagat • 3'34"77 Raxid Ramsi • 3'35"00 Shedrack Kibet Korir • 3'35"04 4x400 m mulleresTrotter, Felix • 3'18"55 Wineberg, Richards S. Williams, Lloyd • 3'19"73 Prendagast, N. Williams Ohuruogu, Okoro • 3'20"04 McConnell, Sanders 4x400 m homesMerritt, Taylor • 2'55"56 Williamson, Wariner Moncur, Mathieu • 2'59"18 Williams, Brown Plawgo, Dabrowski • 3'00"05 Marciniszyn, Kozlowski 3000 m valados mulleresIecaterina Volcova • 9'06"57 Tatyana Petrova • 9'09"19 Eunice Jepkorir • 9'20"09 3000 m valados homesBrimin Kiprop Kipruto • 8'13"82 Ezekiel Kemboi • 8'16"94 R. Kipkemboi Mateelong • 8'17"59 5000 m mulleresMeseret Defar • 14'57"91 Vivian Cheruiyot • 14'58"50 Priscah J. Cherono • 14'59"21 5000 m homesBernard Lagat • 13'45"87 Eliud Kipchoge • 13'46"00 Moses Ndiema Kipsiro • 13'46"75 10000 m mulleresTirunesh Dibaba • 31'55"41 Elvan Abeylegesse • 31'59"40 Kara Goucher • 32'02"05 10000 m homesKenenisa Bekele • 27'05"90 Sileshi Sihine • 27'09"03 Martin Irungu Mathathi • 27'12"17 Marcha de 20 km mulleresOlga Canisquina • 1'30"09 Tatiana Xemiaquina • 1'30"42 María Vasco • 1'30"47 Marcha de 20 km homesJefferson Pérez • 1:22:20 Francisco Fernández • 1:22:40 Hatem Ghoula • 1:22:40 Marcha de 50 km homesNathan Deakes • 3:43'53" Yohan Diniz • 3:44'22" Alex Schwazer • 3:44'38" Maratón mulleresCatherine Ndereba • 2:30'37" Chunxiu Zhou • 2:30'45" Reiko Tosa • 2:30'55" Maratón homesLuke Kibet • 2:15'59" Mubarak Hassan Shami • 2:17'18" Viktor Röthlin • 2:17'25" Salto de lonxitude mulleresTatiana Lebedeva • 7,03 m Liudmila Colchanova • 6,92 m Tatiana Cotova • 6,90 m Salto de lonxitude homesIrving Saladino • 8,57 m Andrew Howe • 8,47 m Dwight Phillips • 8,30 m Triplo salto mulleresYargelis Savigne • 15,28 m Tatiana Lebedeva • 15,07 m Hrisopií Devetsí • 15,04 m Triplo salto homesNélson Évora • 17,74 m Jadel Gregório • 17,59 m Walter Davis • 17,33 m Salto de altura mulleresBlanka Vlašic • 2,05 m Antonietta Di Martino • 2,03 m Anna Chicherova • 2,03 m Salto de altura homesDonald Thomas • 2,35 m Iaroslav Ribacov • 2,35 m Quiriacos Ioanu • 2,35 m Salto con pértega mulleresIelena Isinbaeva • 4'80 m Katerina Badurová • 4'75 m Svetlana Feofanova • 4'75 m Salto con pértega homesBrad Walker • 5,86 m Romain Mesnil • 5,86 m Danny Ecker • 5,81 m Lanzamento de peso mulleresValerie Vili • 20,54 m Naxeia Ostapchuk • 20,48 m Nadine Kleinert • 19,77 m Lanzamento de peso homesReese Hoffa • 22,04 m Adam Nelson • 21,61 m Andrei Mighnevich • 21,27 m Lanzamento de disco mulleresFranka Dietzsch • 66,61 m Daria Pixchalnicova • 65,78 m Yarelis Barrios • 63,90 m Lanzamento de disco homesGerd Kanter • 68,94 m Robert Harting • 66,68 m Rutger Smith • 66,42 m Lanzamento de martelo mulleresBetty Heidler • 74,76 m Yipsi Moreno • 74,74 m Wenxiu Zhang • 74,39 m Lanzamento de martelo homesIvan Tsighan • 83,63 m Primož Kozmus • 82,29 m Libor Charfreitag • 81,60 m Lanzamento de xavelina mulleresBarbora Špotáková • 67,07 m Christina Obergföll • 66,46 m Steffi Nerius • 64,42 m Lanzamento de xavelina homesTero Pitkämäki • 90,33 m Andreas Thorkildsen • 88,61 m Breaux Greer • 86,21 m Héptatlon mulleresCarolina Klüft • 7.032 puntos Liudmila Blonsca • 6.832 puntos Kelly Sotherton • 6.510 puntos Décatlon homesRoman Šebrle • 8676 puntos Maurice Smith • 8644 puntos Dmitri Carpov • 8586 puntos
Medalleiro Posto País Total 1 14 4 826 2 5 3 5 13 3 4 8 4 16 4 3 1 4 5 2 1 2 5 6 2 1 3 7 2 2 8 1 6 3 10 9 1 2 3 10 1 1 3 5 11 1 1 1 3 1 1 1 3 1 1 1 3 14 1 1 2 15 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 23 2 1 3 24 2 2 2 2 26 1 2 3 27 1 1 2 28 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 35 3 3 36 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Véxase tamén Ligazóns externas Resultados completos na web da IAAF Web oficial
Categoría:Competicións de atletismo