Mariano Gamir Ulibarri, nado en Madrid en 1877 e finado en Valparaíso de Abajo (Cuenca) en 1962, foi un militar español.

Traxectoria Formado na Escola Militar de Toledo, da que logo foi director.Thomas (1976), p. 742 Segundo Payne, Gamir era un militar competente e apolítico,Payne (1975), p. 209 que xa era xeneral de brigada no tempo da sublevación militar que o 17 de xullo de 1936 deu orixe á guerra civil española. Mantívose fiel á República e, esta fidelidade foi clave para que Valencia,Romero Salvadó (2013), p. 141 onde estaba destinado, non triunfase a sublevación pois, nos primeiros días, como xefe da brigada de infantaría da III División orgánica, participou na detención e esmagamento da sublevación. Posteriormente, estivo á fronte das tropas republicanas na fronte de Teruele dirixiu as operacións na zona do río Alfambra durante a Batalla de Teruel.

Fronte do Norte Destinado na fronte, tivo que retirarse en Bilbao e estivo ao mando do Exército do Norte na batalla de Santander do 14 de agosto ao 1 de setembro de 1937.O titular antes da batalla do mando do Exército do Norte era o xeneral Francisco Llano de la Encomienda Cesado 'de facto' para dirixir novas operacións militares, enviouselle á inspección de Ensinanza Militar e a Cataluña como parte do grupo de militares españois que organizou a saída das Brigadas Internacionais en 1938. No final da guerra fuxiu a Francia onde residiu ata 1955, ano en que regresou a España por non ter xa condenas pendentes.

Obras

Gámir Ulibarri, Mariano; Miaja, J. (1939). "De mis memorias". Guerra de España 1936-1939. Campaña del norte. Comisión internacional. Ediciones Estrella.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Militares de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Militares da guerra civil española leais á República