Horacio Altuna, nado en Córdoba o 24 de novembro de 1941, é un autor de banda deseñada arxentino. Famoso polas súas espectaculares personaxes femininas, pero tamén pola gran profundidade da súa obra, Altuna é un dos máis importantes autores de historietas do mundo.
Traxectoria De moi pequeno comezou a apaixonarse polo debuxo, foi alumno de Gianni Dalfiume, quen o alentou a incursionarse seriamente na banda deseñada. En 1965 publicou a súa primeira banda deseñada, Súper Volador.
En 1967 ingresa na Editorial Columba, na que ilustra guións de artistas como Héctor G. Oesterheld e Robin Wood.
En 1975 comeza a publicar El loco Chávez, con guións de Carlos Trillo, no xornal Clarín. Esta historieta que se publica diariamente farao famoso. Chávez, o protagonista, é un xornalista que a través das súas aventuras narra o día a día da realidade arxentina. Comezan a aparecer as mulleres de Altuna, que tamén se farán famosas. Por este traballo recibiu o premio Asociación de Debuxantes da Arxentina (1978) e o premio á mellor tira diaria arxentina na Cuarta Bienal do Humor e a Historieta de Córdoba (1979).
Colabora tamén coas editoriais Record e a revista Humor.
Entre 1973 e 1976 realiza traballos para revistas de Escocia e Inglaterra. Foi secretario de cultura da ADA (Asociación de Debuxantes da Arxentina) desde 1974 ata 1977.
En 1982 radícase en España, onde un ano despois publicará Ficcionario, primeira historieta que o conta como guionista e ilustrador, e que lle vale o seu primeiro premio como guionista.
En 1986 realiza Chances, novamente como autor integral. Por esta historieta recibe o premio "Yellow Kid" maior distinción no ambiente da historieta, ao mellor autor internacional. Nesta obra futurista de forte contido social, o protagonista é un mozo clon creado co obxectivo de sustuir os órganos dos seus xeradores, que se rebela e foxe cara ás zonas marxinais.
Realiza unha serie de historietas eróticas para a revista Playboy que na Arxentina publica a revista SexHumor. En Playboy publica, ademais, a novela ilustrada Gato.
En 1994 regresa ás páxinas de Clarín onde publica El Nene Montanaro. A 2007 publica unha tira no Periódico de Catalunya, Familia Tipo, e é o Presidente da Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña.
Obra A tira diaria "El loco Chávez" (1975), co guionista Carlos Trillo. "Las puertitas del Sr. López", co guionista Carlos Trillo. "Charlie Moon", co guionista Carlos Trillo. "Merdichesky", co guionista Carlos Trillo. "El último recreo", co guionista Carlos Trillo. "Tragaperras", co guionista Carlos Trillo. "Ficcionario" (1983) "Chances" (1985) "Imaginario" (1987-88) "Time/Out" (1986). Multitude de historietas curtas para Playboy (1989-) "Hot L.A." (1992, 2000) "El Nene Montanaro" (con guión propio, publicado diariamente na contratapa do diario arxentino Clarín entre os anos 1994 e 2002) "Es lo que hay" (2010-) "Cuadernos Secretos" (2011),
Ligazóns externas Horacio Altuna biography on Lambiek Comiclopedia Gallery of Altuna's Erotic Comic Strips
Categoría:Personalidades da banda deseñada da Arxentina Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Córdoba, Arxentina