Playboy é unha revista de entretemento para adultos fundada en 1953 por Hugh Hefner, que creceu en Playboy Enterprises, Inc. Playboy é unha das marcas máis coñecidas internacionalmente. Edicións especiais da revista foron publicadas en todo o mundo.

A revista publícase con periodicidade mensual e contén fotografías de muller espidas, xunto con varios artigos de moda, ou produtos de consumo, e tamén libros dalgúns escritores (por exemplo Arthur C. Clarke, Ian Fleming, Vladimir Nabokov, Margaret Atwood). A revista tamén contén opinións políticas en case todas as edicións.

Playboy utiliza elegantes fotos de espidos clasificadas como material para adultos. Visto o éxito que cultivou Playboy, a mediados da década de 1970 xurdiron outras revistas con contido erótico-pornográfico, destacando como principal rival a revista Penthouse.

Entrevistas Playboy As entrevistas Playboy, cada mes é entrevistado alguén importante, volvéronse famosas polo seu estilo de confrontar e o proceso de longas entrevistas.

As entrevistas Playboy comezaron con Miles Davis en setembro de 1962 (Volume 9 Núm.. 9). Ao paso dos anos houbo entrevistas con Jimmy Carter, Fidel Castro, Ayn Rand, Malcolm X, Kurt Vonnegut, Bertrand Russell, Salvador Dalí, Martin Luther King Jr., Jean-Paul Sartre, Al Capone, George Wallace, Cassius Clay (Muhammed Ali), Madalyn Murray O'Hair, Orson Welles, Ralph Nader, Arthur C. Clarke, Yasser Arafat, Stephen Hawking, Shintaro Ishihara, Carl Sagan e John Lennon

Historia A primeira portada foi Marilyn Monroe, aínda que a fotografía foi, en primeiro lugar, tomada para un calendario co nome de Playboy. Hefner comprou os dereitos da foto de Monroe xunto con outras.

A primeira edición, publicada en decembro de 1953, non tiña data, xa que Hefner estaba inseguro de se ía haber unha segunda edición. A primeira edición foi inmediatamente unha sensación e vendeuse sen problemas en poucas semanas. Coñecida a circulación, foi de 53.991 revistas.

O famoso logo Playboy dun coello cunha gravata elegante, foi deseñado por Art Paul para a segunda edición da revista, e desde entón aparece en cada número. Hefner di escoller ao coello pola súa simpática connotación, e porque na imaxe víase xoguetón e coqueto.

Desde estar na cima en 1970, Playboy tivo un lento declive no éxito de circulación, en parte por un mal investimento en clubs nocturnos e casinos e por outra banda pola forte competitividade dalgunhas outras compañías. A primeira rival foi Penthouse, nos anos setenta. Recentemente tamén compite coas revistas Maxim, FHM, e H para homes, da cal os creadores desta última copiaron a idea de facer o seu propio tipo de centerfold (en galego, póster central) coa facilidade de facelo "recortable" para que, opcionalmente, o lector o retire da revista e o poña nun lugar visible.

En resposta Playboy dedicou a revista a mozas de entre 18 e 35 anos, incluíndo entrevistas a personalidades máis apropiadas para esta audiencia, tal como artistas hip-hop.

Christina Hefner, filla de Hugh Hefner, converteuse na Oficial Cabeza Executiva, sendo Presidente do consello.

Prohibicións da venda de Playboy En Singapur, a publicación está prohibida. No 2003, o comité revisou e concluíu que a revista non se vendería máis porque a poboación de Singapur non estaba lista para o uso liberal da sexualidade con fotos explícitas, utilizado en Playboy.

Récord A revista Playboy máis vendida foi a de novembro de 1972, que vendeu 7.161.561 copias, tendo de playmate a Lenna Sjooblom.

Famosas Algunhas famosas (cantantes, actrices, modelos etc.) que pousaron para Playboy, ou apareceron fotos súas na revista, a través dos anos:

Actrices: Marilyn Monroe (decembro 1953) Jayne Mansfield (febreiro 1955) Mara Corday (outubro 1958) Dorothy Stratten (xuño 1980) Janet Jones (marzo 1987) Drew Barrymore (xaneiro 1995) Charlize Theron (maio 1999) Daryl Hannah (novembro 2003) Denise Richards (decembro 2004) Bai Ling (xuño 2005) Alicia Machado (febreiro 2006) Cantantes: Madonna (setembro 1985) Samantha Fox (febreiro 1989) Nancy Sinatra (maio 1995) Linda Brava (abril 1998) Geri Halliwell (maio 1998) Belinda Carlisle (agosto 2001) Tiffany (abril 2002) Carnie Wilson (agosto 2003) Debbie Gibson (marzo 2005) Willa Ford (marzo 2006)Deportistas: Katarina Witt (decembro 1998) Tanja Szewczenko (abril 1999 edición alemá) Mia St. John (novembro 1999) Joanie Laurer (novembro 2000 e xaneiro 2002) Gabrielle Reece (xaneiro 2001) Ashley Massaro Amy Hayes (marzo 2002) Kiana Tom (maio 2002) Torrie Wilson (maio 2003 e marzo 2004) Sabre (abril e setembro 1999 e marzo 2004) Christy Hemme (abril 2005) Televisión: Linda Evans (xullo 1971) Claudia Christian (outubro 1999) Charisma Carpenter (xuño 2004) Shannen Doherty (marzo 1994 e decembro 2003) Farrah Fawcett (decembro 1995 e xullo 1997) Actuaron na serie Vixilantes da praia (Baywatch) (xuño 1998) Shari Belafonte (setembro 2000) Brooke Burke (maio 2001 e novembro 2004) Gena Le Nolin (decembro 2001) Peta Wilson (xullo 2004)''

Edicións internacionais Alemaña (1972 ao presente) Arxentina (1985 a 1993 e 2005 ao presente) Australia (1979 a 2000) Brasil (1975 ao presente) Colombia (1992 ao presente) Bulgaria (abril de 2002) Chequia, (República Checa) (1991 ao presente) China (1990 a 2003) Croacia (1997 ao presente) Eslovaquia (1997 a 2002) Eslovenia (xuño de 2001 ao presente) España (1978 ao presente) Francia (1973 ao presente) Grecia (1985 ao presente) Hong Kong (1986 a 1993) Hungría (1989 a 1993, 1999 ao presente) Italia (1972 a 2003) Xapón (1975 ao presente) México (1976 a 1998, 2002 ao presente) Nova Zelandia (1983 ao presente) Polonia (1992 ao presente) Reino Unido (1953) Romanía (1999 ao presente) Rusia (1995 ao presente) Serbia (2004 ao presente) Suráfrica (1993 a 1996) Suecia (1999 soamente) Turquía (1986 a 1995) Venezuela (2006 ao presente)

Véxase tamén

Categoría:Revistas dos Estados Unidos de América