O termo fogo pódese referir a:

Lume, luz e calor producidas pola combustión. Foguete, artificio de pólvora, bomba. Fogos de artificio, conxunto de pezas explosivas que se queiman nun festexo e que producen efectos luminosos e estoupidos, fogos artificiais. Disparo producido por unha arma de fogo. Outros Arma de fogo, a que dispara un proxectil por medio da explosión da pólvora. Fogo ardente, doenza que produce ardor intenso e dores moi fortes. Fogo salvaxe, infección cutánea caracterizada por unha erupción avermellada que afecta a face e ao coiro cabeludo, comunmente acompañada de febre, erisipela. Fogo cruzado, o que se realiza con armas de fogo desde dous ángulos distintos contra un mesmo obxectivo. Fogo de santelmo, meteoro luminoso que se produce sobre obxectos metálicos, especialmente nos mastros das embarcacións ou nos pararraios, nas noites de tempestade, debido á electrización da atmosfera, santelmo. Fogo fatuo, luz emitida polas substancias que emana un corpo en descomposición. Formiga de fogo, especie de formiga do xénero Solenopsis sp.. Sañazo de fogo, especie de paxaro da especie Piranga flava. Herba do fogo, a especie vexetal Fumaria officinalis, herba fumaria, pé de galiña, herba dona. Fogo morto, dereito adquirido polo colono que roturaba un terreo, do que non podía ser expulsado polo señor. Fogo de Santo Antón, intoxicación producida pola ergotina. Fogo de zázaro, herpes.

Toponimia Fogo, (Dja r’ Fogu en crioulo caboverdiano), illa do arquipélago do Cabo Verde. Fogo, illa de Terra Nova, no Canadá.