Lae é un atol de 20 illas, forma un distrito lexislativo da cadea Ralik nas Illas Marshall, no océano Pacífico. A superficie total é de 1´4 km² e a lagoa interior abarca 17´7 km². Atópase aproximadamente a converter 47 km. ao leste de Ujae. A poboación do atol ascende a 319 persoas aproximadamente.

Historia

Lae foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, os alemáns crearon un posto comercial. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, Lae quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. Forma parte da República independente das Illas Marshall desde 1986.

Ligazóns externas

Sitio das illas Marshall Entry at Oceandots.com

Categoría:Atois das Illas Marshall Categoría:Illas do Pacífico