As linguas xermánicas son un grupo de linguas de orixe indoeuropea, faladas ao principio na rexión central nórdica de Europa. Comprende linguas actuais como o inglés, alemán, baixo alemán, neerlandés, danés, frisón, noruegués, sueco, islandés, feroés e elfdaliano. Tamén algunhas extintas como o gótico.

miniatura|300px|dereita| Mapa dos diasistemas xermánicos en Europa ██ Liña que separa os idiomas xermánicos nórdicos dos occidentais Linguas xermánicas setentrionais ██ Nórdico occidental (Islandés, Feroés, Noruegués Nynorsk) ██ Nórdico oriental (Danés, Noruegués Bokmål, Sueco) Linguas xermánicas occidentais ██ Ánglico (Inglés, Escocés) ██ Frisón ██ Baixo franco (Neerlandés) ██ Baixo alemán (ou baixo saxón) ██ (Alto) Alemán central ██ (Alto) Alemán superior (Alemánico, Austrobávaro)

O protoxermánico, a antiga lingua derivada do indoeuropeo e antepasado de todas as linguas xermánicas, dividiuse -segundo a maioría dos lingüistas- en tres ramas: o xermánico setentrional ou nórdico, o xermánico occidental (ou meridional, para algúns autores) e o xermánico oriental, do que derivaron os idiomas góticos hoxe desaparecidos. Do nórdico naceron os modernos diasistemas islandés, noruegués, danés, sueco e gotlandés, este último case morto. Do xermánico occidental, naceron os diasistemas anglofrisóns (o inglés e o frisón), o baixo franco (neerlandés), o baixo saxón (chamado ás veces baixo alemán) e o (alto) alemán. Aquí abaixo pódese ver unha clasificación non exhaustiva dos diasistemas xermánicos.

Xermánico occidental Xermánico occidental continental Diasistema alto alemán Alemán central Alemán central occidental (Alto alemán central franco): Fráncico ripuario Fráncico moselano Luxemburgués Fráncico renano Osthessisch Nordhessisch Mittelhessisch Alemán central oriental (Alto alemán central non franco): Lausitzisch-Neumärkisch Alto saxón Baixo silesio Thüringisch Nordobersächsisch Hochpreußisch Alemán central de Transilvania Alemán central de Pensilvania Alemán central de transición (ou alemán superior) Alemán superior Alemán superior occidental (ou alemánico): Alemánico suabo Baixo alemánico Alemán colonieiro (Alamánico de Venezuela) Mittelalemannisch Alto alemánico Alemánico superior Alemán superior oriental (ou austrobávaro): Austrobávaro setentrional Austrobávaro central Austrobávaro meridional Hutterita (Austrobávaro de América do Norte) Móqueno (ou Mocheno) Cimbro Yídico ou Yídix

Diasistema baixo saxón Baixo saxón occidental Baixo saxón occidental dos Países Baixos baixo saxón setentrional Westfaliano Estfaliano Baixo saxón oriental Mecklemburgués-Pomeranio Brandenburgisch Mittelpommersch Pomeranio oriental Baixo prusiano Baixo saxón menonita

Diasistema baixo franco Baixo franco en Europa Brabantés Flamengo oriental Flamengo occidental (ou Celandés) Holandés Baixo franco en Suráfrica Afrikaans

Xermánico occidental anglofrisio Diasistema ánglico Inglés Escocés

Diasistema frisio Frisio oriental Frisio occidental Frisio setentrional

Xermánico setentrional Xermánico setentrional occidental Nórdico occidental insular Islandés Feroés Norreno

Nórdico occidental escandinavo Noruegués Nynorsk

Xermánico setentrional oriental Diasistema danonoruegués Danés Noruegués Bokmål

Diasistema sueco Sueco Dalecarliano

Diasistema gotlandés Gotlandés

Xermánico oriental Os idiomas xermánicos orientais son os idiomas extinguidos que falaban os antigos clans xermánicos orientais, dos que só o gótico está ben documentado. Gótico. Gótico de Crimea. Vándalo (?). Burgundio (?).

Ler máis Antonsen, E. H., On Defining Stages in Prehistoric Germanic, Language, 41, 1965, 19ff. Bennett, William H., An Introduction to the Gothic Language. Nova York, Modern Language Association of America, 1980 Campbell, A. Old English Grammar. Londres, Oxford University Press, 1959 Cercignani, Fausto, Indo-European ē in Germanic, en Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung, 86/1, 1972, 104-110. Cercignani, Fausto, Indo-European eu in Germanic, en Indogermanische Forschungen, 78, 1973, 106-112. Cercignani, Fausto, Proto-Germanic */i/ and */e/ Revisited, en Journal of English and Germanic Philology, 78/1, 1979, 72-82. Cercignani, Fausto, Early Umlaut Phenomena in the Germanic Languages, en Language, 56/1, 1980, 126-136. Krahe, Hans - Meid, Wolfgang, Germanische Sprachwissenschaft, Berlín, de Gruyter, 1969 Lehmann, W. P., A Definition of Proto-Germanic, Language, 37, 1961, 67ff. Voyles, Joseph B., Early Germanic Grammar. Londres, Academic Press, 1992, ISBN 0-12-728270-X.

Véxase tamén

Outros artigos

Lingua protoxermánica Lei de Grimm Lei de Verner Primeira mutación consonántica Segunda mutación consonántica

Categoría:Linguas xermánicas