A República Federal Socialista de Iugoslavia (abreviado: RFSI, en croata e esloveno: Socijalistička Federativna Republika Jugoslavija, en serbio e mecedonio: Социјалистичка Федеративна Република Југославија, en albanés: Republika Socialiste Federative e Jugosllavisë, en húngaro: Jugoszláv Szocialista Szövetségi Köztársaság) foi un estado socialista europeo que existiu entre os anos 1963 e 1992, substituíndo na súa creación á República Federal Popular de Iugoslavia.
Estaba formada por Eslovenia, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Serbia, Macedonia e Montenegro. Foi gobernada ata o ano 1980 por Josip Broz Tito, quen a diferenza doutros países comunistas de Europa, elixiu un camiño independente ao da Unión Soviética, manténdose así distanciado dos países do Bloque do Leste, chegando a criticar as intervencións en Hungría, Checoslovaquia e Afganistán. Así pois non foi membro nin do Pacto de Varsovia nin da OTAN, sendo un dos creadores do Movemento de Países Non Aliñados no ano 1956.
Historia Fundación A República Democrática Federal Iugoslava foi reconstituída no AVNOJ (Consello Antifascista de Liberación Nacional de Iugoslavia) realizado en Jajce entre o 29 de novembro e o 4 de decembro de 1943 (data que aparece no escudo da república), mentres que as negociacións co goberno no exilio continuaron. O 29 de novembro do mesmo ano foi establecida como un estado socialista, en 1945 foi establecida finalmente como República Democrática Federal de Iugoslavia, porén pouco máis dun ano despois, o 31 de xaneiro de 1946, a nova constitución establece as seis repúblicas constituíntes e o nome é cambiado a República Federal Popular de Iugoslavia. En 1963 adopta finalmente o nome de República Federal Socialista de Iugoslavia.
Reforma miniatura|esquerda|Tito durante a segunda guerra mundial. Durante a década de 1950 Iugoslavia comezou unha serie de reformas fundamentais para conseguir un profundo cambio en tres aspectos principais: a rápida liberalización e descentralización do sistema político do país, a institución dunha nova economía estatal única e unha política diplomática de non aliñación. As reformas económicas comezaron o 26 de xuño de 1950, coa intervención do Primeiro Ministro Tito no Parlamento, durante a cal se anunciou por primeira vez a introdución da autoxestión dos traballadores. Esta e outras importantes reformas económicas da época, axudados pola axuda occidental, reviviron Iugoslavia e crearon un auxe económico. O emprego duplicouse entre 1950 e 1964, cunha caída do desemprego que chegou ao 6% en 1961. A pesar da nova masa de obreiros industriais, o aumento anual dos salarios foi do 6,2% anual, mentres que a produtividade industrial creceu un 12,7% anual, ademais a alfabetización aumentou drasticamente, chegando ao 91%. Implantouse así mesmo a atención médica gratuíta en todos os niveis, chegando a esperanza de vida era aos 72 anos.
Esta reforma con creou grandes problemas, como por exemplo a disciplina de partido, mais a pesar dos conflitos internos, o desenvolvemento económico e a liberalización social do país durante todo o decenio de 1950 e 60, continuou o seu rápido ritmo. Con estas medidas de grande éxito, a economía iugoslava logrou a súa auto-suficiencia económica relativa. Na década de 1960, os observadores estranxeiros sinalaron que o país estaba "en auxe", e que ao mesmo tempo que os cidadáns iugoslavos gozaban de liberdades moito maiores que na Unión Soviética e os estados do bloque do leste. Despois da ruptura da esfera soviética, Iugoslavia formou a súa propia forma de comunismo, informalmente chamado titoísmo. Baixo esta forma de comunismo permitiuse un certo grao de mercado libre da empresa, o que se chamou socialismo de mercado. Ademais é de destacar que Iugoslavia se negou a participar no comunista Pacto de Varsovia, adoptando no seu lugar unha postura neutral na guerra fría, converteuse en membro fundador do Movemento Non Aliñado. En 1963 Tito foi nomeado "Presidente vitalicio", o que levou durante a seguinte década a serios problemas, ademais o estado adoptou o seu nome definitivo de República Federal Socialista de Iugoslavia.
A República Federal Socialista
En 1968 realizáronse protestas en Belgrado, o que supuxo a primeira protesta masiva despois da segunda guerra mundial, e a noite do 2 de xullo de 1968 estudantes da Universidade de Belgrado entraron en folga durante sete días, mais a policía atacou os estudantes, prohibíndolles toda reunión pública. Porén os estudantes reuníronse na Facultade de Filosofía, onde celebraron debates e discursos sobre a xustiza social, entregando copias da revista prohibida "Estudante". Os estudantes tamén protestaron contra as reformas económicas, que conduciron a un elevado desemprego obrigando aos traballadores a abandonar o país e atopar traballo noutros lugares. Finalmente Tito foi parando as protestas cedendo a algunhas das demandas dos estudantes e dicindo que "os estudantes teñen razón" durante un discurso televisado.
En 1971, a alianza dos dirixentes comunistas de Croacia, entre eles Miko Tripalo e Savka Dabčević-Kučar, apoiados por diversos grupos nacionalistas, deron lugar á Primavera croata. Tito respondeu cun enfoque de dobre acción, as autoridades iugoslavas detiveron a numerosos manifestantes croatas que foron acusados de evocar ao nacionalismo étnico mentres que, ao mesmo tempo, comezou un programa para iniciar algunhas desas reformas, a fin de evitar unha crise semellante ocorrese de novo. Os simpatizantes de fóra de Iugoslavia do Ustaše, un movemento católico ultranacionalista croata, tentaron a través do terrorismo e accións de guerrilla de crear un movemento separatista, mais sen moito éxito chegando a obter a antipatía dos compañeiros católicos iugoslavos.
En 1974 ratificouse unha nova constitución federal que lle deu maior autonomía ás distintas repúblicas o que, basicamente, cumpría os obxectivos principais do movemento da Primavera croata. Unha das disposicións da nova Constitución era que cada república oficialmente tiña a opción de declarar a súa independencia da federación, con subxección a certas normas constitucionais. A outra medida máis controvertida foi a división interna de Serbia, mediante a concesión dun estatuto similar ao de dúas provincias autónomas dentro dela, Kosovo, unha rexión serbia habitada en gran parte por albaneses e Voivodina, unha rexión cun gran número de minorías étnicas, detrás da maioría de serbios, como os húngaros. Estas reformas satisfixeron á maioría das repúblicas, especialmente a Croacia, así como aos albaneses de Kosovo e as minorías de Voivodina. Con todo, a constitución de 1974 non gustou nin aos funcionarios comunistas de Serbia nin aos propios serbios, que desconfiaban dos motivos dos partidarios das reformas vendo as reformas como concesións aos nacionalistas croatas e albaneses.
Período Post-Tito miniatura|210px|Lápida funeraria de Tito. O 4 de maio de 1980, Tito morre e o seu falecemento foi anunciado por tódalas retransmisións do a través de Iugoslavia, e aínda que se soubo por algún tempo que Tito se atopaba cada máis enfermo, a súa morte foi un shock para o país, xa que era considerado como o heroe do país na segunda guerra mundial, chorando moitos iugoslavos abertamente a súa morte. O funeral de Tito foi un espectáculo nacional en Iugoslavia, o cadaleito foi levado en tren a través de todo o Estado antes de ser establecido en Belgrado, onde acudiron miles de persoas. No momento da morte de Tito o goberno federal foi encabezado por Veselin Đuranović (que ocupaba o cargo dende 1977), e comezou un conflito cos diferentes dirixentes das repúblicas de Iugoslavia, que alegaban que se necesitaba economizar debido ao crecente problema da débeda externa. Đuranović argumentou que era necesaria unha desvaloración, que Tito se negara a aceptar por razóns de prestixio nacional.
A nova Iugoslavia enfrontábase a débeda fiscal importante na década de 1980, mais as súas boas relacións cos Estados Unidos levou a un grupo de organizacións (lideradas por estadounidenses) chamadas "Amigos de Iugoslavia" a apoiar e lograr un alivio significativo da débeda en 1983 e 1984, aínda que os problemas económicos continuarán até a disolución do Estado na década de 1990.
Nese mesmo período Iugoslavia foi o país anfitrión dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 en Saraxevo. Para Iugoslavia, os xogos significaban a continuación da política de Tito de fraternidade e a unidade, de como as múltiples nacionalidades de Iugoslavia permaneceron unidas nun só equipo. Destacar que Iugoslavia se converteu no segundo estado comunista que albergaba uns Xogos Olímpicos, despois de que a Unión Soviética celebrara os Xogos Olímpicos de verán de 1980 en Moscova. Con todo, nos xogos de Iugoslavia, participaron países occidentais, mentres que nos da Unión Soviética houbo un boicot dos países occidentais.
Ruptura e a guerra
miniatura|Edificios destruídos en Mostar. Dende a Constitución de 1974 que reduciu os poderes de Serbia sobre as súas provincias autónomas de Kosovo e Voivodina, o sentimento nacionalista en Serbia foi en aumento, principalmente centrado en Kosovo. En 1987, un funcionario da Liga dos Comunistas de Serbia, a rama serbia da Liga dos Comunistas de Iugoslavia, Slobodan Milošević, foi enviado a Kosovo para acabar coa última manifestación dos serbios de Kosovo. Até este punto, tódalas ramas da liga dos Comunistas de Iugoslavia condenaron tódalas protestas nacionalistas. Con todo, Milošević abandonou a política do partido e apoiou as reivindicacións da multitude reunida, chamándose a si mesmo como "defensor dos serbios". Esta imaxe foi promovida ademais polo seu control, cada vez maior, sobre os medios de comunicación serbios, que se estaban establecendo neste momento. Coa súa popularidade en aumento logrou facerse co control da Liga dos Comunistas de Serbia, converténdose efectivamente no político serbio máis poderoso.
Tras asegurar a súa posición en Milošević procedeu a tomar o control dos gobernos de Voivodina, Kosovo e a veciña República Socialista de Montenegro, entón agora pasaba a controlar directamente catro do oito votos na cabeza colectiva do estado o 10 de xaneiro de 1989. Esta situación agravou seriamente aos gobernos de Eslovenia e Croacia, xunto cos albaneses de Kosovo, con todo Bosnia e Hercegovina e Macedonia mantívose relativamente neutrais. Así pois Croacia e Eslovenia declararon publicamente a súa intención de separarse de Iugoslavia, despois dos referendos (boicoteados polos serbios), os dous países declararon o súa escisión o 25 de xuño de 1991, estancada durante tres meses polos esforzos internacionais. Inmediatamente despois da declaración de Eslovenia, a Presidencia de Iugoslavia ordenou ao Exército Popular Iugoslavo tomar o control dos cruzamentos fronteirizos internacionais en Eslovenia. Así comezou o esforzo do exército para evitar a secesión eslovena, coñecida como a Guerra dos Dez Días. En Croacia a Guerra de Independencia pronto empezou, cos rebeldes serbios de Croacia, asistidos polo Exército Popular Iugoslavo, tentando consolidar o seu poder en anacos de territorio de Croacia e declarando que as súas entidades non ían separarse de Iugoslavia. En outubro de 1991 Croacia e Eslovenia, finalmente declararon a súa independencia, o que levou a unha guerra a grande escala en Croacia. En setembro de 1991, Macedonia tamén declarou a súa independencia. Cincocentos soldados dos Estados Unidos foron despregados baixo a bandeira das Nacións Unidas para vixiar as fronteiras do norte de Macedonia.