La Palma, cuxo nome histórico é San Miguel de La Palma, é unha illa española que fai parte do arquipélago das Canarias, situado no océano Atlántico fronte ás costas africanas. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a capital da illa é Santa Cruz de la Palma.
Desde 2002, La Palma é Reserva da Biosfera. É a terceira illa canaria, xunto con Lanzarote e El Hierro, á que a UNESCO recoñece con esta protección.
Descrición
A illa ten unha superficie de 708,32 km² (9,45% do territorio canario) e unha poboación de 81.863 habitantes (INE 2018)Real Decreto 1458/2018, de 14 de diciembre, por el que se declaran oficiales las cifras de población resultantes de la revisión del Padrón municipal referidas al 1 de enero de 2018. 29 de decembro de 2018.. 300px|miniatura|Bosque dos Tilos Para referirse aos seus habitantes utilízase o xentilicio palmeiro, en galego, e palmero, en castelán.
La Palma é unha illa de contrastes grazas ao seu desnivel, que vai do nivel do mar (océano Atlántico) ata os 2.426 m do Roque de los Muchachos, punto máis elevado da illa.
No terzo norte da Illa atópase unha gran depresión de orixe erosiva, que forma a Caldera de Taburiente, declarada Parque Nacional en 1954. Desde o centro da illa ata o sur, no chamado Cumbre Vieja, hai unha serie de volcáns, entre os que se atopan o de San Antonio, o Volcán de San Juan e o Teneguía (última erupción volcánica en 1971).
A illa tamén posúe o Parque Natural de Cumbre Vieja e o Parque Natural de las Nieves así como unha serie de entidades máis pequenas con menor grao de protección.
En 1983, a zona de El Canal y los Tilos foi declarada como Reserva da biosfera pola UNESCO, que, en 1997, se ampliou para formar a "Reserva da Biosfera de Los Tilos". Finalmente, en 2002 estendeuse a reserva a toda a illa coa denominación de Reserva da Biosfera de La Palma.
La Palma é unha das illas Canarias con maior superficie boscosa, na que destacan o piñeiro e a laurisilva. En canto á agricultura, os cultivos principais son o plátano das Canarias e a vide.
Actualmente, o municipio máis poboado é Los Llanos de Aridane, superando a Santa Cruz de la Palma, a capital da Illa.
Municipios La Palma está dividida nos seguintes 14 municipios:
Barlovento Breña Alta Breña Baja Fuencaliente de La Palma Garafía Los Llanos de Aridane El Paso Puntagorda Puntallana San Andrés y Sauces Santa Cruz de la Palma Tazacorte Tijarafe Villa de Mazo
miniatura|768px|centro|Areais do Llano de las Brujas na Cumbre Vieja
Xeoloxía
Vulcanismo La Palma, como o resto das Canarias, é unha illa de orixe volcánica. Cunha idade xeolóxica estimada en 2 millóns de anos, é unha das illas máis novas do arquipélago. A illa xurdiu dun volcán submarino situado a 4.000 metros baixo o nivel do mar. O edificio volcánico de La Palma posúe unha altitude de 6.500 metros,no que se atopan todos os tipos de pedras volcánicas. La Palma é a terceira illa máis alta do mundo en relación coa súa superficie, só superada por Pico nas illas Azores e por Fogo no arquipélago de Cabo Verde.
A illa divídese en dúas zonas climáticas ben diferenciadas mediante unha cadea de volcáns denominada Cumbre Vieja. Na zona sur da illa existen volcáns aínda activos. Dunha erupción en 1971, na punta meridional da illa, no municipio de Fuencaliente, xurdiu o volcán Teneguía, que segue estando no punto de mira dos científicos por seguir candente. A zona norte da illa está dominada pola Caldera de Taburiente, unha caldeira submarina creada por volcáns e a erosión, que emerxeu ata unha altura de 3500 metros. Esta caldeira é o maior cráter emerxido do mundo. Formouse por un violento desprendemento de terras que abriu a actual Caldera no que antes era un volcán. A caldeira mide 9 quilómetros de diámetro, 28 de circunferencia e 1.500 metros de profundidade. A única saída que presenta é o Barranco das Angustias, lugar polo que só se pode acceder a pé. Nela só residen dúas persoas encargadas das tomas de auga. En 1954 creouse o Parque Nacional da Caldera de Taburiente.
Atópase rodeada por picos de entre 1.700 e 2.400 metros de altitude, nos que está situada a maior altitude da illa, o Roque de los Muchachos, con 2.426 metros sobre o nivel do mar. Neste pico atópase o Observatorio do Roque de los Muchachos.
Erupcións históricas 1470-1492 Montaña Quemada ou Volcán de Tacande 1585 Volcán de Tajuya, no municipio de El Paso 1646 Volcán de Martín ou de San Martín 1677 Volcán Fuencaliente 1712 Volcán de El Charco 1949 Volcán San Juan (cráteres do Duraznero, Hoyo Negro e Llano del Banco) 1971 Volcán Teneguía 2021 Volcán de Cumbre Vieja
Os datos destas erupcións obtivéronse a través dos cráteres, os campos de cinzas e a lonxitude das coadas de lava.
A actividade volcánica é un risco constante. Aínda que está concentrada na zona sur da illa, existen teorías que predín que unha erupción podería volver inestable a zona occidental da illa e caer ao mar. Un estudo dos anos 90 descubriu que a Cumbre Vieja atópase chea de auga, debido á porosidade da pedra.
Teorías sobre un posible Tsunami Segundo esta teoría, defendida por varios científicos, unha erupción podería quentar a auga que se atopa dentro da Cumbre Vieja facendo que esta estourase. Na erupción de 1949 púidose comprobar como se abriu unha falla, o que apoia esta teoría. En caso de cumprirse, xeraríase un tsunami de proporcións xigantescas que alagaría as costas do Caribe, América do Norte, Europa e África.
Doutra banda, outros científicos estiman que o que pode suceder é que a zona occidental da illa se fragmente en partes pequenas, como ocorreu en 1949, sen chegar a xerar ningún tsunami.
Natureza Vexetación miniatura|esquerda|La Palma - Los Tilos
Debido á súa formación e localización, La Palma presenta unhas paisaxes únicas. La Palma tamén é coñecida polos sobrenomes "A Illa Bonita" e "A Illa Verde", debido á vexetación que a cobre. A illa non só recibe auga a través de precipitacións, senón que ademais o fai a través da chamada choiva horizontal. Os ventos alisios traen nubes cargadas de auga ata os cumes da illa, formando brumas que a vexetación, especialmente a laurisilva, condensa, producindo este fenómeno coñecido como choiva horizontal.
A illa divídese en distintas zonas de vexetación, desde os campos de lava aos bosques de laurisilva, pasando por zonas de vexetación mediterránea. Entre as plantas que crecen na illa, 170 son endémicas das Canarias, sendo as máis características o drago e a palmeira canaria.
Paisaxes As paisaxes da illa componse de tres cores, o negro do basalto, o vermello da tufo volcánico, o verde da vexetación e o azul do Atlántico. No norte existen barrancos profundos por onde discorre a auga depositada nos cumes. Na zona central atópanse bosques de piñeiros e laurisilva e na zona sur, zonas volcánicas debido ás recentes erupcións.
Protección do medio ambiente miniatura|Centro de visitantes de Los Tilos
Desde 1983, o bosque de laurisilva de Los Tilos está catalogado como Reserva da Biosfera pola Unesco. En 2002 ampliouse esta declaración a toda a illa. La Palma foi a primeira illa canaria en albergar un lugar deste tipo. A illa tamén acolle o Parque Nacional da Caldera de Taburiente, así como outros espazos naturais protexidos.
Especies Entre as especies endémicas da illa sobresaen: A pomba rabiche A graja, unha subespecie de choia, considerada símbolo da illa xunto co piñeiro das Canarias. Medusas e ourizos de mar nalgunhas praias Cempés velenosos. Multitude de especies de insectos, sobre todo escaravellos.
Historia Os "outros" nomes da illa Ao longo da historia, La Palma recibiu numerosos nomes. Pode que a Junonia Maior que aparece no texto de Plinio o Vello faga referencia á Palma. Tamén recibe o nome de San Miguel de La Palma. Os aborixes denominábana Benahoare (a miña terra). Actualmente son moi populares os sobrenomes de: A Illa Bonita, A Illa Verde ou A Illa Corazón.
Os aborixes Os primitivos habitantes de La Palma eran os benahoaritas, auaritas ou awaras. No momento da conquista estaba dividida en 12 cantóns. Os primeiros textos sobre La Palma datan da Baixa Idade Media (séculos XIV e XV). Aínda que faltan datos concretos ao respecto, calcúlase que a poboación entón rondaba os 4.000 habitantes. Os aborixes vivían fundamentalmente do pastoreo de cabras, ovellas e porcos, e colleitaban froitos e raíces, cos que elaboraban unha especie de fariña que chamaban "gofio", feita con raíces de fento e amagantes —arbusto endémico canario—, que tostaban e moían.
División territorial prehispánica
Aínda que dependendo das fontes os datos poden cambiar, aparecendo en ocasións subdivisiones internas ou distintos topónimos para designar un mesmo territorio, adoita aceptarse que os 12 cantóns ou partes en que se dividía a illa no momento da conquista eran:
Aridane. Que se estendía por gran parte do Val de Aridane (os actuais municipios de El Paso, Los Llanos e Tazacorte). Tihuya. Que se estendía desde o anterior ata a montaña de Tamanca. Abarcaría as zonas actualmente coñecidas como Tajuya, Todoque, Puerto Naos, La Laguna e parte de Las Manchas. Tamanca. Estendíase ata o Charco. Abarcaría parte do que hoxe é Las Manchas. Ahenguareme. Correspondería ao actual Fuencaliente. Tigalate. Aparece nalgunhas ocasións denominado tamén como Mazo. Corresponderíase co territorio do actual municipio de Mazo. Tedote. Corresponde a Santa Cruz de la Palma e Las Breñas. Tenagua. Corresponde a Puntallana. Adeyahamen. Corresponde ao actual municipio de San Andrés y Sauces. Tagaragre. Correspondería a Barlovento Tegalgen. Abarcaría o actual Garafía Tijarafe. Abarcaría os actuais municipios de Tijarafe e Puntagorda.
Ao cantón correspondente a La Caldera chamábanlle "Aceró", que quere dicir "lugar forte e invulnerable", e o seu xefe chamábase Tanausú.
Ao contrario de Tenerife ou Gran Canaria, en La Palma non existía ningunha superestrutura por encima destas unidades. De feito este sistema de poder non é permanente e estas unidades ou comunidades podían estar dividas noutras máis pequenas (nas propias fontes do século XVI faise referencia a outras unidades como o "bando de Gazmira").
A conquista da illa En 1447 Guillén Peraza parte de La Gomera con tres naves e 500 homes, dirixíndose a conquistar La Palma. Tras desembarcar no cantón de Tihuya, onde reinaba o príncipe Echedey, produciuse unha terrible batalla onde os indíxenas derrotaron aos casteláns a pesar das súas primitivas armas (lanzas de madeira e pedras). O mesmo Guillén de Peraza faleceu durante os combates tras ser alcanzado por unha pedra.
O 29 de setembro de 1492 desembarcan en Tazacorte, na desembocadura de La Caldera, uns 900 homes ao mando de Alonso Fernández de Lugo, quen por medio de pactos, foron aos poucos sometendo a nove dos doce cantóns. Logo tiveron que librar a gran batalla de Timibúcar para vencer a resistencia dos cantóns aliados de Tedote e Tigalate, vencendo a Bentacayse, xefe de Tedote, e aos irmáns Jariguo e Garehagua, que compartían o poder en Tigalate.