miniatura|upright=1.2|Porto de Aubisca upright|miniatura|Hotel des Crètes Blanches, na estrada que sobre ao porto de Aubisca. O porto de Aubisca, en occitano còth d'Aubisca e en francés col d'Aubisque, é un porto de montaña dos Pireneos, en territorio francés.

Xeografía O porto de Aubisca é un paso de montaña situado a 1.709 m de altitude, a uns 30 km ao sur de Tarbas e Pau. Administrativamente pertence ao concello de Aigas Bonas, no departamento de Pireneos Atlánticos, localizado na rexión de Aquitania.

O paso atópase na aba setentrional do pico de Ger (2.613 m) e conecta Laruntz, no val de Aussau con Argelèrs ao leste, no val de Pau, a través do porto de Soulor. A estrada cruza polo circo glaciar do Litor, na parte superior do val de Ouzom. Normalmente permanece pechado ao tráfico entre decembro e xuño.

Dende Laruntz hai 16,6 km de estrada ata o porto. Esta aba oeste cobre un desnivel total de 1.190 m cunha pendente media de 7,2%. As primeiras ramplas, que pasan por Aigas Bonas, son cómodas, pero despois da fervenza de Valentín a pendente acada unha sección do 13%. Despois quedan uns 8 km cun 8% de costa que cruzan pola estación de esquí de Goreta, a 1.400 m. A subida do porto dende o leste comeza no porto de Soulor. Dende este pico, a subida é de 10,6 km onde se gañan uns 235 m netos, atravesando o circo glaciar de Litor.

Tour de Francia A primeira vez que o Tour de Francia cruzou este porto foi en 1910, e fíxoo o ciclista François Lafourcade. É o segundo porto máis cruzado do Tour, se ben só tres tiradas remataron nel.

Metas Tres tiradas do Tour de Francia tiveron o seu final no porto de Aubisca: en 1971, en 1985 e en 2007.

AnoTiradaLugar de comezo da tiradaDistancia (km)Categoría do portoVencedorLíder do Tour200716Orthez218.5Categoría especial Michael RasmussenMichael Rasmussen198518Luz-Saint-Sauveur52.51Stephen RocheBernard Hinault 197116Bagnères-de-Luchon1451Bernard LabourdetteEddy Merckx

Pasos do Tour polo porto de Aubisca Producíronse 42 pasos do Tour polo porto de Aubisca dende 1947, o que a converte no segundo porto máis cruzado da rolda gala.

AnoTiradaCategoríaLíder ao pasar polo cumio200716Categoría especialMichael Rasmussen200516Categoría especialCadel Evans200211Categoría especialLaurent Jalabert200010Categoría especialJavier Ochoa1999161Alberto Elli199810Categoría especialCédric Vasseur1996171Neil Stephens1995162Tirada neutralizada1993171Claudio Chiappucci199113Categoría especialGuido Winterberg199017Categoría especialÓscar Vargas19899Categoría especialMiguel Indurain198714Categoría especialThierry Claveyrolat198518bCategoría especialReynel Montoya198310Categoría especialLucien Van Impe1982121Beat Breu198013Categoría especialMaurice Le Guilloux19772Categoría especialHennie Kuiper1976151Wladimiro Panizza197271Wilfried David1971161Bernard Labourdette1970191Raymond Delisle1969171Eddy Merckx1968121Julio Jiménez1967171Jean-Claude Theilliere1966101Tomasso De Pra196591Julio Jiménez1964161Federico Bahamontes1963101Federico Bahamontes1961171Eddy Pauwels1960101Graziano Battistini1958131Federico Bahamontes1957181Jean Dotto1956111Valentin Huot1955181Charly Gaul1954111Federico Bahamontes1953101Jesús Loroño1952181Fausto Coppi1951131Raphaël Géminiani1950111Jean Robic1949111Fausto Coppi194871Bernard Gauthier1947151Jean Robic

Aubisca