Manuel Jove Capellán, nado o 21 de xuño de 1941 na Coruña e finado na mesma cidade o 7 de maio de 2020, foi un empresario galego.
Traxectoria Comezou traballando como carpinteiro co pai, e cos beneficios do negocio creou na década dos setenta a empresa inmobiliaria Edificaciones Coruñesas (Edicosa) que, xa en 1980 mudou o seu nome polo de Fadesa. Con capital privado, e na súa maioría procedente do propio Jove, a firma chegou a ser o primeiro grupo inmobiliario independente de España, con expansións en Portugal e Marrocos, cunha forma de traballo que integraba todo o proceso, dende a selección dos predios, ata a construción e venda das vivendas, pasando polas investigacións do mercado e o deseño dos proxectos. Os beneficios da empresa foron grandes, e o 30 de abril de 2004 saía a bolsa.
Como presidente executivo de Fadesa, ocupou os cargos de presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña e foi membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España.
En setembro de 2006 vendeulle o 54% das accións de Fadesa á construtora Martinsa, do empresario español Fernando Martín, por un valor total de 2.209 millóns de euros. Posteriormente, vendeu as súas participacións que mantiña en Unión Fenosa á construtora ACS (un 4,5% do capital da eléctrica) por 550,75 millóns de euros. En xuño de 2007 mercou o 40% da empresa téxtil Caramelo, por un valor 15,8 millóns de euros, e en xullo de 2007 mercou o 5% do BBVA por un valor aproximado de 3.285 millóns de euros (e un 0,2% máis en setembro dese anoManuel Jove se consolida como segundo accionista de BBVA tras alcanzar el 5,01% , Expansión, 28 de setembro de 2007), converténdose no primeiro accionista privado do banco, así como o 40% da empresa explotadora de petróleo Vetra Energía con presenza en Iberoamérica por 37 millóns de euros. Tamén posuía o 55% das adegas Álvaro Domecq a través do grupo de investimento Interavante"Jove controlará o 55 % das adegas de Álvaro Domecq tras un investimento de seis millóns", La Voz de Galicia, 25 de setembro de 2007 así como o 47,5% da empresa galega de tecnoloxía Blusens."Manuel Jove toma un 47,5 % del fabricante electrónico Blusens en su primera inversión en tecnología", Europa Press, 28 de abril de 2008 . Foi un dos socios promotores e fundadores do centro comerial Marineda City do que tiña un 33,3%.
A revista Forbes calculoulle unha riqueza de 2.300 millóns de euros en 2008, e incluíuno como a 307ª persoa máis rica do mundo.Lista Forbes
Fins sociais En marzo de 2002 constituíu a Fundación María José Jove, en memoria da súa filla falecida ese ano e que impulsa distintas liñas de actividade a prol da infancia. Está presidida pola súa outra filla Felipa Jove."La vida discreta de Felipa Jove, La hija de Manuel Jove encabeza la fundación benéfica de la familia, El País, 13 de xullo de 2008 .
Vida persoal Estivo casado con Amparo Santos Molinos, e foi pai de María José, Manuel Ángel e Felipa Jove Santos.La vida discreta de Felipa Jove
Foi irmán do tamén empresario Ángel Jove.
Premios Foi galardoado pola súa traxectoria profesional e empresarial co Premio ao Mellor Empresario Nacional Inmobiliario no ano 2001, e coa Medalla Castelao no 2005.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web da Fundación María José Jove
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Empresarios da construción Categoría:Empresarios do sector enerxético Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes