A agricultura de Lituania foi tradicionalmente a base da economía do país. Pero a partir da década de 1940 industrializouse moi rapidamente, malia que a agricultura aínda é importante ( arredor dunha quinta parte da poboación activa co 53,9% da terra é de cultivo, mentres o 30,4% son bosques e o 7,6% pastos). Tamén é bastante importante a gandería.

Economicamente, o país divídese en catro zonas, o leste do país que ten un sector industrial diversificado e en expansión (metalurxía, manufacturas, carpintarías e industria lixeira). A zona sur posúe a metade dos recursos enerxéticos e acuáticos e ten metalúrxicas, manufacturas e producións alimentarias (sobre todo pola gandería e a plantación de acelga-rabanete). O norte de Lituania ten pouca industria pero é unha importante zona granxeira (cereais e acelga rabanete). A zona Oeste é máis coñecida polos estaleiros, reparación de barcos e pesca.

A pesar de ser membro da Unión Europea dende o 1 de maio de 2004, o seu comercio co países do Leste de Europa representa unha parcela crecente do total.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Litas lituano Casa da Moeda de Lituania