Elastica é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo do mesmo nome. Foi editado o día 14 de marzo de 1995 a través do selo Deceptive Records no Reino Unido e a través de DCG/Geffen Records internacionalmente."Elastica's DGC Set Connects with Fans". Billboard. 20 de maio de 1995 O disco foi nomeado ao Mercury Music Prize. Trátase do seu único álbum en contar coa formación orixinal.
Elastica alcanzou o número un na lista de álbums do Reino Unido, converténdose, nese momento, no debut máis vendido dende Definitely Maybe de Oasis o ano anterior. O disco tamén vendeu ben nos Estados Unidos, chegando ao número 66 da Billboard 200 despois de 11 semanas na lista."Billboard 200". Billboard. Vol. 107, no. 23. 10 de xuño de 1995. p. 84 Dous meses despois do seu lanzamento, vendera máis de 59 000 unidades nos Estados Unidos segundo Nielsen Soundscan. A finais de 1995 vendera aproximadamente 1 millón de copias en todo o mundo segundo Billboard."Brits Around The World". Billboard. Vol. 108, no. 7. 17 Febreiro de 1996. p. 58 Ao redor da metade destas vendas realizáronse nos Estados Unidos, onde o disco foi certificado ouro en decembro de 1995. En abril de 2000 Deceptive estimou que as vendas no Reino Unido eran dunhas 270 000 copias.Sexton, Paul (1 de abril de 2000). "Elastica bounces back with 2nd set". Billboard. Vol. 112, no. 14. p. 14
Legado En 2013, NME cualificouno como o 191º mellor álbum de todos os tempos. O álbum está incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die. En 2014, a revista LGBT estadounidense Metro Weekly clasificouno no posto número 38 da súa lista dos "50 mellores álbums alternativos dos anos 90". En 2017, Pitchfork colocouno no posto número seis da súa lista dos "50 mellores álbums de britpop".
Listaxe de cancións
Sinxelos "Stutter" - 1993 "Line Up" - 1994 "Connection" - 1994 "Waking up" - 1994 "Car Song" - 1995
Notas
Categoría:Álbums de Elastica Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Geffen Records