Maite Taboada, nada en Madrid o 24 de febreiro de 1970, é unha lingüista computacional española, filla de galegos, nai de Taboada e pai de Portomarín.

Traxectoria

Estudou en Madrid e nos Estados Unidos (mestrado na Carnegie Mellon University) e desde alí en 1997 pasou a Canadá. Colabora coa Universidade de Santiago desde 2002, participando en proxectos e publicacións en revistas científicas de prestixio. Desde 2020 forma parte da Comisión Científica Externa do CiTIUS. Foi bolseira da Fundación La Caixa.

É doutora en Lingüística Inglesa pola Universidade Complutense de Madrid. É Catedrática Distinguida de Lingüística da Universidade Simon Fraser de Vancouver, no Canadá, e profesora adxunta no Programa de Ciencia Cognitiva do departamento de Informática. Dirixe o Laboratorio de Procesamento do Discurso e foi vicedecana de Investigación da Facultade de Artes e Ciencias Sociais. Desde 2022 é fellow de The Royal Society of Canada, a máxima distinción académica de Canadá. É Associate Member of the Cognitive Science Program e da School of Computing Science, membro da Digital Democracies Institute e o Visual and Interactive Computing Institute.

Dedícase a estudar a linguaxe a través da tecnoloxía, comprendendo así o que se agocha detrás dos grandes modelos de linguaxe e coñecendo como funcionan os programas de tradución automática ou os xeradores de texto, entre outros. Tamén traballa no estudo da desinformación e as novas falsas, mediante técnicas de clasificación de textos orientadas a distinguir entre información verídica e bulos.

Desde o laboratorio da Universidade Simon Fraser desenvolveu o Gender Gap Tracker, unha ferramenta que analiza en tempo real a proporción de homes e mulleres citados nas novas dos medios de comunicación de Canadá. A ferramenta ten unha versión versión en castelán, GeMeCo.

En setembro de 2026 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias como académica externa na sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación. O discurso titulouse «A lingüística éo todo: ciencia, tecnoloxía, humanidades e ciencias sociais», a laudatio correu a cargo do académico Senén Barro.

Obras

Kolhatkar, V., H. Wu, L. Cavasso, E. Francis, K. Shukla and M. Taboada (2020) The SFU Opinion and Comments Corpus: A corpus for the analysis of online news comments. Corpus Pragmatics 4: 155–190. Kolhatkar, V., N. Thain, J. Sorensen, L. Dixon and M. Taboada (2023) Classifying constructive comments. First Monday 28(4). https://doi.org/10.5210/fm.v28i4.13163

Rynearson, A., R. Hashemi, V. Vekić Chen and M. Taboada (2025) A three-tier approach to comprehensive metaphor annotation. 17th Conference on Researching and Applying Metaphor. Southfield, MI, United States. Hashemi, R., A. Rynearson, V. Vekić Chen and M. Taboada (2025) Metaphor and evaluation: The role of figurative language in negative opinion. 72nd Annual Conference of the Canadian Linguistics Association. Montréal.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1970 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Lingüistas de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias