Olivia Canoura Rozas, nada en Burela no século XX, é unha escritora e artista plástica galega en lingua castelá.

Traxectoria

Naceu en Burela e está moi ligada a Barreiros, foi autónoma e traballou en proxectos artísticos e literarios. Pasou a infancia e adolescencia en Barcelona. Ten colaboracións na Antología de Relatos Románticos, Antología de Relatos Eróticos (Hechizo Editorial). Participou no V Certamen de Relato Corto La Esfera Cultural co seu relato "Trescientas palabras", que está en El club de los relatores.

Ten colaborado con ilustracións e portadas na revista Nós, a Xente do Redor. Decorou instrumentos musicais feitos por José Luís Álvarez Pardo con materiais de refugallo.

Obras

Mientras dure la noche (2022). Ed. Andrómena Senlleira. 266 páxs. ISBN 9788409402342. Novela de misterio e thriller psicolóxico. Los hilos del destino (2024). Ed. Andrómena Senlleira. 224 páxs. ISBN 978-8412398533. Libro de relatos romántico eróticos. Rosas Sangrientas (2024). Ed. Andrómena Senlleira. 302 páxs. ISBN 978-8412768381. Escolma de relatos de terror gótico, misterio e suspense. Fibromialgia. Conversaciones en blanco (2026). Ed. Andrómena Senlleira. Unha obra que pon no centro a experiencia das persoas que conviven coa dor crónica, a incomprensión e os retos cotiáns asociados á fibromialxia.

Notas

Categoría:Nados en Burela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en ano descoñecido