O Samsung Galaxy S9 é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 25 de febreiro de 2018 e lanzado o 16 de marzo dese ano. O S9 é moi similar ao seu predecesor, o S8, pero a diferenza máis notable é a posición do sensor de pegadas dixitais. No S9, o sensor está situado debaixo da cámara, mentres que no S8, estaba ao lado. Lanzouse con Android Oreo 8.0 e posteriormente actualizouse a Android 10. En canto ao hardware, a batería mantense sen cambios en 3000 mAh, a mesma que a dos seus predecesores, e tamén conta con altofalantes estéreo con Dolby Atmos.

Hai varias versións de almacenamento dispoñibles: 32, 64 e 128 GB e tamén hai unha versión de 512 GB.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Samsung Galaxy S9+

Categoría:Samsung Galaxy