O castro de San Lourenzo é un poboado fortificado situado en Cereixa (A Pobra do Brollón).
Historia O recinto naceu como poboado fortificado na Idade de Ferro. Sitúase nun outeiro a carón do río Saa, e abrangue unha extensión duns 8800 m². Funcionou como centro metalúrxico.
Na Idade Media comezou a usarse como necrópole e posteriormente construíuse unha capela, dedicada ao mártir Lourenzo. Aparece xa documentado como castro de San Lourenzo nun apeo de 1595. O templo ampliouse no século XVII, e tras o seu abandono rehabilitouse en 1875. Abandonouse de novo e diversas pedras, como o lintel da porta principal ou partes dunha columna, foron reutilizadas en casas da contorna. Nas décadas de 1960 e 1970 levouse a cabo no exterior do recinto unha explotación de grava e area.
Campañas arqueolóxicas esquerda|miniatura|Cabana no castro. esquerda|miniatura|Tumbas e restos da ermida.
En 2016 comezaron a desenvolverse as escavacións arqueolóxicas, baixo dirección técnica de Xurxo Ayán, organizadas a través da asociación veciñal María Castaña. Realízanse campañas de forma anual co apoio do Concello da Pobra do Brollón e dun campo de traballo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.
Escaváronse varias cabanas e documentáronse máis de 80 tumbas da necrópole –orientadas de oeste a leste e tapadas con lousa–, en seis das cales se atoparon restos óseos. No recinto atopáronse pezas de cerámica da Idade de Ferro, varias moedas medievais e da Idade Moderna, un obxecto litúrxico de bronce e diverso enxoval funerario como dentes de animais, lousiñas furadas, escouras de ferro, un coitelo e un pasador. En 2022 apareceu un colar con 23 doas. A campaña de 2026 estivo dirixida por Claudia González Villadóniga.
Cada ano, no marco da escavación arqueolóxica celébrase a romaría de San Lourenzo o día 10 de agosto. Ademais, en 2026 realizouse unha actividade coincidindo coa eclipse solar do 12 de agosto de 2026, coa presenza da astrofísica Iria Ayán e das escritoras Olga Novo, Mario Obrero -colaborador habitual nas escavacións- e Andrea Nunes Brións.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Martínez Martínez, María de los Ángeles (1996). "Castro de Cereixa Pobra do Brollón)". Revista cultural Samoeiro.
San Lourenzo Categoría:A Pobra do Brollón Categoría:Necrópoles