Francisco de Seijas Losada, nado en Cabanas en 1615 e finado en Santiago de Compostela o 26 de outubro de 1684 foi un relixioso católico galego, bispo de Valladolid, bispo de Salamanca e arcebispo de Santiago de Compostela.
Traxectoria Fillo de Diego Gómez de Seijas e mais de Francisca Losada. Graduouse como mestre en Artes e doutor en Canons e Teoloxía no Colexio de Santiago Alfeo. No colexio de Santa Cruz de Valladolid desempeñou a cátedra de Durando. O 19 de xullo de 1647 nomeárono cóengo penitenciario da catedral de Santiago de Compostela e desempeñou os cargos de administrador do Hospital de San Roque e do Hospital Real. O rei Filipe IV nomeouno predicador.
Presentado para o bispado de Valladolid en 1664, foi preconizado o 23 de xuño e tomou posesión o 29 de outubro. Celebrou de pontifical e pronunciou a oración fúnebre nas honras por Filipe IV en 1665. O 26 de agosto de 1668 tivo lugar a solemnísima función de traslación e dedicación da nova igrexa catedral de Valladolid.
En 1670 foi trasladado á diocese de Salamanca e en 1681 nomeárono arcebispo en Santiago de Compostela. Faleceu nesta cidade tres anos despois
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria
Categoría:Bispos de Galicia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1615 Categoría:Finados en 1684 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes