Mamlaket al-qasab (en ) é un filme dramático iraquí de 2025 escrito e dirixido por Hasan Hadi. Ambientado no Iraq rural durante a guerra do Golfo, segue á nena de nove anos Lamia (Baneen Ahmad Nayyef), quen é elixida para enfornar un pastel para celebrar os aniversarios de Saddam Husayn xunto aos seus compañeiros de clase.

Estreouse internacionalmente na sección Quincena de Cineastas do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025 o 16 de maio, onde gañou o premio da audiencia e a Cámara de Ouro. Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos a través de Sony Pictures Classics o 6 de febreiro de 2026.

Personaxes Baneen Ahmad Nayyef como Lamia Sajad Mohamad Qasem como Saeed Waheed Thabet Khreibat como Bibi Rahim AlHaj como Jasim Maytham Mreidi como pai de Saeed Ahmad Hameed Ahmad como Watch Seller Aqeel Al-Shamri como vendedor de fariña Tayseer Ibrahim Radi como Butcher Nadia Rashak como nai de Saeed

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Filmes de Iraq propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Iraq Categoría:Filmes de Qatar Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics