Gazella gazella é unha especie de gacela que está distribuída ampla pero desigualmente no Levante mediterráneo. Segundo datos de 2024, quedan aproximadamente 6.000 exemplares na natureza. A especie está protexida pola lei israelí, sendo Israel o derradeiro santuario importante da especie no Levante.

miniatura|250x250px|Mosaico bizantino da gacela en Cesarea Marítima.

Descrición Ambos os sexos teñen cornos. Os machos teñen cornos significativamente máis grandes con aneis ao seu redor. As femias tamén teñen cornos, pero son máis delgados, máis suaves e máis curtos. Ademais cos cornos, tamén é sexualmente dimórfica en tamaño, sendo os machos máis grandes ca as femias. Un macho maduro pode oscilar entre 15 e 25 kg, mentres que as femias pesan entre 13 e 20 kg. Pode alcanzar velocidades de até 80 km/h.

Poboación e distribución Gazella gazella distribuíuse historicamente a través do Levante. No presente, son máis abundantes en Israel, e tamén están presentes en Cisxordania en Palestina, os Altos do Golán e Turquía. Existen poboacións pequenas e illadas en partes de Xordania, a Franxa de Gaza,Abd Rabou, A. N. (2019). The mammalian, reptilian and amphibian fauna of Al-Mawasi ecosystem, south-western Gaza Strip-Palestine. Agricultural Research & Technology: Open Access Journal, 23(1), 00301-00314. e poden estar presentes (aínda que pouco probable) no Líbano, Exipto e Siria fóra dos Altos do Golán.

Está protexida como unha especie en perigo de extinción baixo a lei israelí, sendo Israel descrito como "a última fortaleza" da especie no Levante.

Notas

Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Taxons descritos por Peter Simon Pallas Categoría:Mamíferos de Oriente Medio Categoría:Símbolos de Palestina Categoría:Símbolos de Israel